Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 162-1/1995).

Os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Fernando Macías, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: proxecto de modificación de L.A.T. de 66 kV.

Situación: Pedrido-Mesón (Betanzos).

Descricións técnicas: proxecto de modificación da liña eléctrica de alta tensión, a 66 kV, no tramo pedrido-Mesón (RNE), por afección a autovía do noroeste ó seu paso polas inmediacións de Piadela, no concello de Betanzos, consistente en: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre apoios metálicos de 23,15 m de altura, entre os nº 57 e 64, e con conductor LA-180, de 956 m de lonxitude. Betanzos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7790