Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña
Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. tipo edificio en Galán.
Situación: Oseiro. Arteixo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 460 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 12/20 kV de 150 mm de Al, que parte da L.M.T. Grela-Moucho-Vilarrodís (Expte. 27.537) e remata no C.T. interior que se vai contruír en Galán de 630 kVA a 15/20 kV.B2. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 8 de novembro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7788