Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PRESIDENCIA

DECRETO 308/1995, do 24 de novembro, polo que se acorda conceder medallas ó mérito, placas e diplomas de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, relativas ó ano 1994.

Examinado o expediente de concesión de medallas ó mérito, placas e diplomas de protección civil desta Comunidade Autónoma, relativas ó ano 1994, e de conformidade coa proposta formulada pola comisión avaliadora prevista no artigo 16º da Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 22 de abril de 1994,

DISPOÑO:

Primeiro: concederlle a Juan Carlos Estévez Álvarez, a título póstumo, a medalla ó mérito de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría de ouro.

Segundo: declarar deserta a concesión da medalla ó mérito de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría de prata.

Terceiro: concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto: concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rianxo a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto: concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto: concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muxía a placa de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

95-7791