Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión de 20 de outubro de 1995, aprobou o prego de condicións para compra dun terreo en Souto de Vea, segundo as seguintes condicións:

O terreo terá unha superficie mínima de 1.000 metros, con preferencia ós que superen os 2.000 m, e teñan menos pendente. Estará sito dentro do núcleo do Souto de Vea ou nunha envolvente de 500 metros ó redor del.

O prezo fíxase en 400 ptas./m como máximo.

As plicas presentaranse na secretaría xeral ata as 13 horas do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Enténdense días naturais. Presentarase a seguinte documentación: modelo de proposición, documento xustificativo da personalidade, declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, títulos de propiedade da leira.

Os pregos íntegros están na secretaría xeral a disposición dos interesados.

A Estrada, 13 de novembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

7853