Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

PREGO tipo de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a contratación por concurso da obra do matadoiro e sala de despezamento.

Como complemento ó anuncio publicado cos referidos pregos de condicións, indícase a continuación o prazo de execución da obra e a clasificación do contratista, e poderán presentarse as proposicións dentro do prazo de 20 días contados a partir da derradeira publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Clasificación do contratista:

Grupo C, subgrupos 2, 4, 6 e 7, categoría C.

Grupo I, subgrupos 1 e 6, categoría C.

Grupo J, subgrupos 2, 3, 4 e 5, categoría C.

As Pontes de García Rodríguez, 20 de novembro de 1995.

Victor Guerreiro Pena

Alcalde presidente

7366