Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995 pola que se anuncia a rescisión do contrato de adquisición de sesenta e unha vivendas, garaxes e rochos en Monforte de Lemos, Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á empresa M-10, S.A., con domicilio social en Río de Monelos, 2-1º D, da localidade da Coruña, a resolución recaída no expediente LU-91/502, dictada polo conselleiro-presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo con data 29 de xuño, sobre rescisión do contrato de adquisición de 61 vivendas, garaxes e rochos en Monforte de Lemos, Lugo.

Visto o expediente LU-91/502 e, resultando que con data 24 de setembro de 1991 se lle adxudicou á empresa M-10, S.A. a obra de adquisición de 61 vivendas, garaxes e rochos en Monforte de Lemos, por un importe de 457.407.534 pesetas, subscribíndose o correspondente contrato con data 29 de novembro de 1991, e constituíndose fianza definitiva por un importe de 18.296.301 pesetas.

Resultando que, segundo resulta dos informes emitidos pola dirección facultativa e polos servicios técnicos provinciais, as obras encóntranse paralizadas desde principios do pasado mes de novembro de 1993, suspensión da execución que tivo lugar por decisión unilateral da contrata, sin existir, polo menos aparentemente, causa ningunha que xustificase a paralización e sen previo acordo da Administración contratante, téndose incumprido o prazo final e sin ter solicitada prórroga.

Resultando que con data 18 de maio de 1994, se lle comunicase á empresa o inicio da rescisión do contrato de adxudicación das obras, por incumprimento das obrigas contractuais, manifestado na paralización, por decisión unilateral da contrata, das obras sen autorización da Administración, transcorrido o prazo de audiencia sen que aquela fixese manifestación ningunha que ó seu dereito conveña.

Resultando que os artigos 52.1º da Lei de contratos do Estado e 157.1º do Regulamento xeral de contratación do Estado, prevén como xusta causa de resolución do contrato de obras o incumprimento das cláusulas daquel e que os artigos 53 daquela lei e 159 e 160 do seu regulamento establecen cales han de se-los efectos da resolución do contrato por incumprimento das súas cláusulas, e que se concretan na incautación da fianza definitiva e da indemnización, se é o caso, dos danos e prexuízos que aquel incumprimento puidese causarlle á Administración.

Considerando que con data 6 de xuño de 1994, se lle concedeu audiencia ó contratista. Transcorrido o prazo, non se formulou alegación ningunha nin se presentou documento que xustifique o incumprimento contractual.

Considerando que o incumprimento contractual, segundo resulta do expediente, debe serlle imputado á contrata, e, polo tanto, considerado como culpable.

Considerado que no presente expediente se observaron tódalas formalidades legalmente esixidas.

Por todo o exposto, vistos a Lei de contratos do Estado e o Regulamento xeral de contratación do Estado, resólvese:

a) Rescindi-lo contrato de execución das obras de adquisición de 61 vivendas, garaxes e rochos en Monforte de Lemos, suscrito coa empresa M-10, S.A.

b) Incauta-la fianza definitiva como consecuencia de incumprimento culpable e indemnización de danos e perdas causados.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1995. P.D. (Resolución 6-4-1995) José Antonio Redondo López, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

7671