Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio GOC, S.A. con domicilio en rúa Cantalarrana, número 9 baixo. 27370 Rábade (Lugo).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990), a Orde do MOPU do 15 de febreiro (BOE do 27 de febreiro de 1990), e a proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE conforme establecen os artigos 12 g e 20 a do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG 12 de abril), esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVEU:

Concede-la acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a GOC, S.A. con domicilio na rúa Cantalarrana, nº 9 baixo 27370-Rábade (Lugo), polo prazo e condicións a que se refiere o artigo 4 de Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

*HF, «Área de control de formigón fresco», co número 15051HA95.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do Laboratorio GOC, S.A. acreditado por resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de 1 de outubro de 1991 (DOG do 28 de outubro) e modificada por Resolución do 27-4-1995 (DOG do 27-7-1995).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

9507196