Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.151

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio GOC, S.A. con domicilio na rúa Río Bibei, 14 baixo. 32001 Ourense.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990), a Orde do MOPU do 15 de febreiro (BOE do 27 de febreiro de 1990), e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE conforme establcen os artigos 12.g e 20.a do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVEU:

Cancelar, por cambio de área, a acreditación e inscrición no rexitro do laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a GOC, S.A. con domicilio na rúa Bibei, 14 baixo. 32001-Ourense, na área de formigón en masa, de cemento, de áridos e de auga co número 15007HC91.

Concede-la acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a COG, S.A. con domicilio na rúa Bibei, 14 baixo. 32001-Ourense, polo prazo e condicións a que se refiere o artigo

4 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

*HA, «Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos», co número 15050HA95.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

6577