Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Xustiza e Interior, pola que se fan públicas as resolucións dos expedientes sancionadores GA-83-3/1993 e outros.

Expediente sancionador: GA-83-3/1993.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no Art. 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCIÓN:

Sanciona-la empresa operadora Automáticos Galicia Sur, S.A., solidariamente co seu xerente/apoderado Fernando Gabián Rosendo, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 pts.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no Art. 29.«i» da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991, e sancionable a través dos Arts. 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter unha máquina tipo «B» e carecer da documentación esixida pola lexislación vixente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso

contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma prevista nos Arts. 57 e 58 da Lei do 27 de decembro de 1956, do contencioso-administrativo, e no Art. 110 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311.400.605 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Ourense. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Expediente sancionador: P-12-/1994.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no Art. 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCIÓN:

Sanciona-la empresa operadora Recreativos Almón, S.L., solidariamente co seu xerente/apoderado Miguel Regueiro Hermida, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no Art. 29.«i» da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991, e sancionable a través dos Arts. 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación no local bar Amalia, sito na rúa Moledo, 91 de Vigo (Pontevedra), unha máquina tipo «B» sen ter colocada nesta nin no local o distintivo do pago da taxa fiscal do xogo correspondente ó primeiro trimestre do ano 1994.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma prevista nos Arts. 57 e 58 da Lei do 27 de decembro de 1956, do contencioso-administrativo, e no Art. 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela, en período voluntario, na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311.500.6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo esta

blecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Expediente sancionador: P-13-/1994.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no Art. 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCIÓN:

Sanciona-la empresa operadora Recreativos Almón, S.L., solidariamente co seu xerente/apoderado Miguel Regueiro Hermida, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no Art. 29.«i» da Lei 14/1985, modificada por Lei 7/1991, e sancionable a través dos Arts. 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e, en explotación, no local bar O Xerriño, sito na rúa León, nº 4 de Vigo (Pontevedra), unha máquina tipo «B» sen ter colocada nesta, nin no local, o distintivo do pagamento da taxa fiscal do xogo correspondente ó primeiro trimestre do ano 1994.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma prevista nos Arts. 57 e 58 da Lei do 27 de decembro de 1956, do contencioso-administrativo, e no Art. 110 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela, en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311.500.6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Expediente sancionador: P-4-/1994.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no Art. 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCIÓN:

Sancionar ó titular do establecemento bar Juventud, María del Pilar Gil Iglesias, con multa de dez mil pesetas (10.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no Art. 29. «i» da Lei 14/1985,

modificada por Lei 7/1991, e sancionable a través dos Arts. 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación unha máquina tipo «B», sen ter colocada nesta nin en posesión do dono do local o boletín de instalación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma prevista nos Arts. 57 e 58 da Lei do 27 de decembro de 1956, do contencioso-administrativo, e no Art. 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela, en período voluntario, na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, nº 311.500.6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995.

Joaquín Macías Sánchez

Director xeral de Xustiza e Interior

6576