Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de R.B.T. Calvela-Laro, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Hidroeléctrica de Silleda.
Lugar no que se vai establece-la instalación: en Calvela-Laro, concello de Silleda.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: R.B.T., aérea, de 1.200 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 4.215.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 16 de outubro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-7713