Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 364/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. en Sanxenxo-Raxo, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente denomindado grupo escolar en Sanxenxo ata o C.T. nomeado Raxó en Poio, concellos de Sanxenxo e Poio.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV de 4.319 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón.

C.T. de 100 kVA, en Seixalvo (Sanxenxo), relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

R.B.T., de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Orzamento: 24.784.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 2 de novembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7710