Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de novembro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expedientes número OR-00648-O-95).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de

Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense, 7 de novembro de 1995.

Xosé Ingnacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OR-00648-O-95

OR-7195-I

G.C. Tráfico

3203/34968522

J. Quiroga y M. Sotelo

S. Civil

Río Mente, 14 baixo

32001 Ourense

Transporta productos de repostería, desde Ourense a Trasmiras e outros, carecendo no vehículo dos distintivos de radio de acción. Tarxeta MPC-Nacional.

27-4-1995; 12.25; C-525; 188

Art. 142-C LOTT

Art. 199-C ROTT

Art. 143 LOTT

Art. 201 ROTT

15.000

95-7663