Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 novembro de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de proxecto e obra, as obras, declaradas de urxencia de ampliación da Escola Politécnica de Lugo e outra máis.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de proxecto e obra, as obras, declaradas de urxencia, que se citan:

-Ampliación da Escola Politécnica de Lugo.

Orzamento de licitación: 353.330.320 ptas. (trescentos cincuenta e tres millóns trescentas trinta mil trescentas vinte pesetas).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

-Ampliación da Escola de Imaxe e Son na Coruña.

Orzamento de licitación: 70.000.000 de ptas. (setenta millóns de pesetas).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición de proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento da secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará o décimo terceiro día natural contado a partir da publicación da presente resolución.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, de observarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.1, 8.2, 8.3, 8.4 e 8.5 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, a fin de que se reparen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte o de remate do prazo, na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

7672