Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento do regato Pontiñas ó seu paso por Lalín (primeira fase), T.M. de Lalín (clave OH.436.272).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no apartado 2º as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras reseñadas no encabezamento da presente resolución encóntranse incluidas no programa das obras que se realizarán con cargo o programa 412-A Xestión e infraestructuras de recursos hidráulicos.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 17 de xaneiro de 1995, aprobouse o correspondente proxecto de acondicionamento do regato Pontiñas ó seu paso por Lalín (primeira fase).

O Consello da Xunta de Galicia, na reunión do día 31 de marzo de 1995, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do que prevén o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta subdirección xeral,

no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar ós titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello que se cita de seguido, para que comparezan no lugar, data e horas que se detallan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuizos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuizo de trasladarse ó lugar dos predios se cómpre.

Lugar: Casa do Concello de Lalín.

Día: 19 de decembro de 1995.

Do predio 1 a 40 das 10 da mañá a 2 da tarde.

Do predio 41 ata o final das 4 ás 7 da tarde.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta e se o estiman oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, abrese información pública durante o prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta subdirección xeral, en San Caetano, as alegacións que coiden oportunas co obxecto de corrixi-los posibles erros cometidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Agustín Hdez. Fdez. de Rojas

Subdirector xeral de Infraestructuras Hidráulicas

95-7848