Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras que se citan (RC-PO-95.5 e outra máis).

1. Obras.

Clave: RC-PO-95.5.

Título da obra: proxecto de beirarrúas e varandas na ponte sobre o río Verdugo na estrada C-531 ó seu paso por Ponte-Caldelas.

Orzamento: seis millóns cincocentas corenta e unha mil trescentas setenta e unha (6.541.371) pesetas.

Prazo de execución: cinco meses.

Clasificación: non se esixe.

Clave: RC-PO-95.13.

Título da obra: dotación de servicios e mellora da seguridade vial na estrada PO-223. Pontevedra-Campo Lameiro (Lérez). P.Q. 2,200 - 3,750. 2ª fase. Temo municipal de Pontevedra.

Orzamento: corenta e nove millóns catrocentas cincuenta e catro mil cento sesenta e nove (49.454.169) pesetas.

Prazo de execución: nove meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administración públicas).

2. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores, estarán á disposición destes na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, rúa Alcalde Hevia s/n.

3. Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional do 2% salvo nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva do 4% do importe do contrato.

4. Contido das proposicións.

Segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

As proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

6. Apertura de proposicións.

A apertura de proposicións, que será pública, será realizada pola mesa de contratación, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, ás dez horas do quinto día hábil, que non sexa sábado, seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

O importe do presente auncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 23 de novembro de 1995.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

7850