Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.101

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 307/1995, do 13 de xullo, polo que se crea o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia e se establece a súa composición e o seu réxime de funcionamento.

A liberación gradual das telecomunicacións e o relanzamento do sector audiovisual en Europa supón un reto para todos, pero, ó mesmo tempo, a obriga de mobilizarnos para cubri-las necesidades que a Comunidade Autónoma de Galicia vai demandar no futuro, sabendo de antemán que as administracións públicas lles toca de entrada, xoga-lo papel de motor que tire da demanda, facéndolle ver ó resto da sociedade as vantaxes que comporta a utilización destas novas técnicas, tanto desde o punto de vista económico como social, pola súa trascendencia que no eido do desenvolvemento económico, cultural e de ocio as telecomunicacións e o sector audiovisual teñen e aínda terán máis no futuro.

A Lei de ordenación das telecomunicacións, do 18 de decembro de 1987, estableceu por primeira vez en España un marco xurídico básico no que se conteñen as liñas mestras ás que se axustará a prestación das diversas modalidades de telecomunicación e, aínda que esta normativa está en vías de cambio, como consecuencia das esixencias dos tempos que corren, e o avance tecnolóxico que cada día sae ó mercado, e das esixencias da Unión Europea, enténdese que como normativa básica é axeitada para continuar no seu afondamento.

O presente decreto crea e establece a composición e funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia. Incorpóranse a el representantes da Administración autónoma e das federacións galegas de concellos e provincias, xunto ós representantes de tódolos intereses do sector: industriais e comercializadores, prestadores de servicios de telecomunicacións e do audiovisual, usuarios, sindicatos, colexios profesionais, universidades, Televisión Galega, Televisión Española en Galicia, así como personalidades de recoñecido prestixio no campo das telecomunicacións e do audiovisual.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na reunión do día trece de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.

1. Créase o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, que é o máximo órgano do asesor do Goberno da Comunidade Autónoma en materia de telecomunicacións e audiovisual.

2. O Consello Asesor adscríbese, sen perxuízo da súa independencia funcional, á Presidencia da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Comunicación.

Artigo segundo.

Son funcións do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia:

a) Propoñer ó Goberno de Galicia cantas medidas considere oportunas no ámbito das telecomunicacións e audiovisual.

b) Coñecer e informa-las liñas estratéxicas de actuación recollidas no libro branco das telecomunicacións, así como no futuro libro branco do audiovisual de Galicia, que poñera en marcha a Secretaría Xeral de Comunicación.

c) Coñecer e emitir informe sobre os proxectos lexislativos e regulamentarios en materia de telecomunicación e audiovisual, que sexan competencia da Xunta de Galicia.

d) Emitir informes sobre os temas relacionados coas telecomunicacións e audiovisual que o presidente do consello someta á súa consulta.

e) Calquera outra función que, no mesmo marco das súas competencias, se lle atribúa por algunha disposición legal ou regulamentaria.

Artigo terceiro.

O Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia estará composto por:

-Presidente: o presidente da Xunta de Galicia.

-Vicepresidente I: o secretario xeral de Comunicación.

-Vicepresidente II: o director da Compañía de Radiotelevisión de Galicia.

-Vocais:

1. En representación da Administración Autónoma, designados polo presidente do Consello Asesor e por proposta dos titulares dos departamentos respectivos:

Dous representantes da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Un representante da Consellería de Economía e Facenda.

Un representante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dous representantes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Dous representantes da Consellería de Industria e Comercio.

Un representante da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Dous representantes da Consellería de Cultura.

Un representante da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Un representante da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Un representante da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Un representante da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Un representante da Secretaría Xeral de Protección Civil.

Dous representantes da Secretaría Xeral de Comunicación.

2. En representación da Administración local:

Dous representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta da dita federación.

Un representante de cada unha das sete cidades maiores de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta de cada concello.

3. Un representante especialista en temas de telecomunicación das tres universidades de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, a proposta conxunta dos rectores de cada unha delas.

Un representante especialista en temas de audiovisual das tres universidades de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, a proposta conxunta dos rectores de cada unha delas.

Un representante do Centro de Supercomputación de Galicia, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta deste.

Un representante da Escola de Imaxe e Son, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta desta.

Un representante da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta desta.

4. En representación dos sindicatos, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta das ditas organizacións:

Un representante de cada un dos sindicatos dos catro máis representativos en Galicia.

5. En representación dos usuarios:

Un representante das asociacións de usuarios industriais de servicios de telecomunicacións, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destas.

6. En representación dos industriais e comercializadores, designados polo Presidente do Consello Asesor, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

Dous representantes da industria de fabricación de equipos de telecomunicacións.

Un representante dos comercializadores e importadores de equipos de telecomunicacións.

7. En representación dos operadores de servicios de telecomunicacións, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destes:

Un representante por cada un dos operadores que presten servicios na nosa Comunidade Autónoma.

8. Tres representantes de la Compañía de RadioTelevisión de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta desta.

9. En representación de televisión e radiodifusión:

Un representante de Radio-Televisión Española en Galicia, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta desta.

Un representante por cada unha das televisións privadas, con delegación en Galicia, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destas.

Un representante por cada unha das asociacións de emisoras locais de radiodifusión sonora e das televisións locais, designado polo presidente do consello asesor, por proposta destas.

Un representante por cada unha das cadeas privadas de frecuencia modulada da nosa comunidade, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destas.

10. Un representante por cada un dos diarios impresos galegos, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta destes.

11. Dous representantes das asociacións máis importantes do audiovisual de Galicia, designados polo presidente do Consello Asesor, por proposta conxunta de todas elas, ou, no seu defecto, da Confederación de Empresarios de Galicia.

Un representante de empresas de servicios de publicidade, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia.

12. Un representante da Fundación Galicia-Europa, designado polo presidente do Consello Asesor, por proposta desta.

13. Ata un máximo de dez vocais, designados polo presidente do Consello Asesor, entre persoeiros de recoñecido prestixio no sector das telecomunicacións e do audiovisual.

-Secretario: Un funcionario da Secretaría Xeral de Comunicación, con voz e voto.

Artigo cuarto.

O Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia funcionará en pleno, comisión permanente e ponencias.

Artigo quinto.

Compoñerán o pleno do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia o presidente, los vicepresidentes, os vocais e o secretario.

Artigo sexto.

O consello asesor rexerase, en canto á súa convocatoria, deliberacións e adoción de acordos, polo disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como polo disposto no seu Regulamento de funcionamento.

Artigo sétimo.

O Pleno do Consello reunirase unha vez ó semestre en sesión ordinaria, e en extraordinaria por decisión do presidente ou cando o solicite a metade máis un dos seus membros.

Artigo oitavo.

A Comisión Permanente estará composta polos seguintes membros:

-Os vicepresidentes do Consello Asesor.

-Vocais:

Dous do apartado 1, do artigo terceiro.

Un do apartado 2, do artigo terceiro.

Un do apartado 3, do artigo terceiro.

Un do apartado 4, do artigo terceiro.

Un do apartado 6, do artigo terceiro.

Un do apartado 7, do artigo terceiro.

Un do apartado 8, do artigo terceiro.

Un do apartado 9, do artigo terceiro.

Un do apartado 10, do artigo terceiro.

Un do apartado 11, do artigo terceiro.

Tres do apartado 13, do artigo terceiro.

-Secretario:

O secretario do Consello Asesor.

Os compoñentes de cada un dos grupos vocais citados elixirán, de entre os membros destes, o vocal ou vocais que corresponda.

Serán funcións da Comisión Permanente:

a) Elevar ó pleno, co seu parecer, os estudios e informes das ponencias, así como as propostas de acordos que considere necesarias.

b) Coñecer e emitir informe sobre os proxectos previstos no artigo 2 c), do presente decreto, salvo que o seu presidente decida expresamente sometelos ó coñecemento do pleno.

c) Aquelas funcións que acorde delegarlle o pleno ou lle asigne o regulamento de funcionamento do consello.

Artigo noveno.-Ponencias.

1. Para o estudio de temas concretos e como órganos de traballo do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, o presidente deste poderá

constituír ponencias especializadas de carácter temporal. Estarán presididas por un dos vocais, designados polo presidente do Consello Asesor, e integradas por aqueles que decida o Pleno do Consello. Poderán estar asistidas por representantes caracterizados do sector ou por expertos nos temas obxecto de estudio pola ponencia.

2. Os informes das ponencias non terán carácter vinculante e elevaranse á Comisión Permanente, que poderá devolvelos para un novo estudio.

Disposicions derradeiras

Primeira.-Queda facultado o conselleiro da Presidencia e Administración Pública para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento do presente cecreto.

Segunda.-O presente decreto non suporá incremento de gasto.

Terceira.-O presente decreto entrará en vigor o mismo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, a trece de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6806