Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.103

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Ferroatlántica, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo Ferroatlántica, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-9-1995 e completada a documentación o 2-10-1995 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 3-8-1995, e de conformidade co disposto no Art. 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios de traballo, que consta nesta delegación

provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de outubro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

1º CONVENIO DA EMPRESA DE FERROATLÁNTICA, S.L., FÁBRICA DE SABÓN, ARTEIXO-A CORUÑA

Capítulo 1

Estipulacións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

O presente convenio regulará a partir da súa entrada en vigor, as relacións laborais de todo o persoal fixo ou eventual do centro de traballo da empresa Ferroatlántica, S.L., sito no polígono industrial de Sabón, Arteixo-A Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O convenio, calquera que sexa a data de publicación no BOP, entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1995 e caducará o 31 de decembro de 1996.

Transcorrido o período de vixencia seguirán aplicándose tódalas súas cláusulas co mesmo alcance e contido co que foron pactados mentres non se aprobe e entre en vigor un novo convenio.

Artigo 3º.-Denuncia.

Considerarase por ámbalas partes denunciado en tempo e forma na data do seu vencemento.

Artigo 4º.-Respecto dos dereitos adquiridos.

Respectaranse as situacións que en concepto de percepcións de calquera clase, no seu conxunto, sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio, manténdose estrictamente a garantía ad personam.

Artigo 5º.-Compensación.

As condicións económicas establecidas no presente convenio compensan os diferentes conceptos que con anterioridade viñan rexéndose por disposición legal, pacto, contrato ou por calquera outra causa, sempre que a dita compensación garanta os devengos fixos anuais que se perciban tanto económicos como sociais e que existían con anterioridade ó convenio.

Artigo 6º.-Comisión paritaria do convenio.

Para a interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio, créase unha comisión paritaria. Esta comisión estará composta por dous representantes do comité de empresa e dous representantes da empresa. En canto a funcións e normas de funcionamento desta comisión, observarase o disposto na lexislación vixente.

Capítulo 2

Réxime e condicións de traballo

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada máxima anual para o ano 1995 e 1996 será de 1.752 horas, respectando, en todo caso, os períodos mínimos de descanso previstos pola lei e unha xornada máxima de oito horas diarias.

Respectaranse todas aquelas condicións máis beneficiosas existentes.

Artigo 8º.-Calendario laboral.

A empresa presentaralle ó comité de empresa antes do 31 de outubro o calendario laboral sobre as quendas e vacacións do persoal.

Independentemente das festas establecidas no calendario oficial, todo o persoal poderá desfruta-los días sobrantes do cómputo anual durante o ano, sempre que avise con suficiente antelación e logo de acordo co seu servicio e o departamento de persoal.

Dous dos días sobrantes desfrutaranse o 24 e 31 de decembro, agás que as ditas datas coincidan en sábado, domingo ou festivo, ou coa parada dos fornos, xa que en tales casos non se traballaría e sería innecesaria a súa recuperación.

Artigo 9º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas para todo o persoal de fábrica serán de 22 días laborables.

Durante o desfrute das vacacións o persoal cobrará ademais do soldo, salario de cualificación e antigüidade, tódalas primas que lle correspondan no seu posto habitual de traballo, excepto a prima de domingo e festivo. O importe das primas será a media dos tres meses anteriores ó desfrute das vacacións.

Os traballadores que por necesidades de producción non poidan desfruta-las súas vacacións no período do 1 de xuño ó 30 de setembro percibirán un complemento de vacacións de 5.074 ptas. por día de vacacións, que serán aboadas no mesmo mes que se desfruten.

Así mesmo quen desfrute as vacacións entre o 10 de xaneiro e o luns de Semana Santa (este incluído) e entre o 1 de novembro e o 15 de decembro, terán dereito ó denominado premio de vacacións que consistirá en cinco días laborables de incremento ás súas vacacións, ou a un premio en metálico de cinco días de salario incluídas primas, cun importe mínimo de 30.176 ptas.

Os que desfruten as súas vacacións entre o luns de Pascua (luns seguinte a Semana Santa) e o 30 de xuño, ou desde o 1 de setembro ó 31 de outubro, tamén terán dereito ó citado premio, que neste caso consistirá en tres días laborables de incremento ás súas vacacións ou a un premio en metálico de tres días de salario incluídas primas, cun importe mínimo de 18.105 ptas.

Estes premios serán proporcionais ó período de desfrute, sendo incompatibles entre si.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

As licencias retribuídas serán as seguintes:

1. Por falecemento de pais, fillos ou cónxuxe: tres días laborables.

2. Por falecemento de pais políticos, avós e netos: tres días naturais.

3. Por falecemento de irmáns ou irmáns do cónxuxe: tres días naturais.

4. Por falecemento de cónxuxes dos irmáns do traballador: dous días naturais.

5. Por falecemento de fillos políticos: dous días naturais.

6. Por falecemento de avós políticos: dous días naturais.

7. Por matrimonio: quince días naturais.

8. Por parto da esposa: tres días laborables.

9. Por enfermidade grave de pais, avós, fillos ou cónxuxe: dous días naturais.

10. Matrimonio de fillos ou irmáns do cónxuxe: un día natural.

11. Por cambio de domicilio: un día natural.

As licencias comprendidas nos números 1 ó 6 incluídos poderán ampliarse a cinco días naturais por razón de distancia e viaxe xustificada.

Entenderase por día laborable aqueles non incluídos como festivos no calendario oficial de festas para a provincia da Coruña.

Estes permisos retribuiranse coas primas completas que lle correspondesen de ter traballado, agás a prima de domingo ou festivo.

Tamén terán carácter de licencia retribuída as visitas médicas a especialistas prescritas polo médico de cabeceira da Seguridade Social, xustificando o tempo investido nelas.

Artigo 11º.-Permisos particulares.

Os demais permisos con soldo que se concedan terán o carácter de permisos particulares, aboándose neste caso o soldo, salario de cualificación, antigüidade, prima de carencia de incentivos e chanzo de promoción.

Artigo 12º.-Home menos na quenda.

Cando por calquera causa falte un home na quenda, a empresa ten a obriga de mandar outro o antes posible.

Artigo 13º.-Cambio de xornada do persoal de quenda.

Cando ó persoal de quenda por motivo de mellor aproveitamento durante a parada de fornos, ou por calquera outro motivo, a empresa lle cambie a xornada, o dito persoal terá dereito a cobrar tanto na mensualidade como nas pagas extras os mesmos conceptos retributivos que cando estaba a quenda. Cando o cambio se fai por petición do traballador, cobrará os mes

mos conceptos que lle correspondan no seu novo posto de traballo.

Artigo 14º.-Persoal de xornada provisionalmente a quenda.

As normas a seguir cando o persoal de xornada normal pasa a tres quendas son as seguintes:

1. Xornada de inverno: cando un productor de xornada normal teña que substituír a un da quenda efectuarase do seguinte xeito:

Cando haxa que traballar en sábado, domingo ou festivo aboaranse como horas extras as horas realmente traballadas. Se se traballa en domingo, o descanso correspondente desfrutarao o primeiro día de descanso da quenda na que traballe, aboándoselle 8 horas e 30 minutos como comisión de servicio.

Se dentro deste período de traballo houbese algún festivo, o correspondente descanso efectuarao o segundo día de descanso longo; se está a quenda, cando este teña lugar ou a seguir do primeiro descanso que desfrute, posterior ó festivo, se deixa a quenda nese momento. Para estes efectos entenderase por descanso longo o correspondente á acumulación dos sábados, domingos e festivos dos ciclos de traballo establecidos. Neste caso tamén se aboará o descanso como comisión de servicio a razón de 8 horas 30 minutos.

Para os correquendas o descanso de festivo que traballen desfrutaranos como comisión de servicio a razón de 8 horas 30 minutos o venres desa semana.

2. Xornada de verán. Neste caso farase igual ca no anterior, aboándose como horas extras a diferencia entre a súa xornada semanal e a que realmente realice, coa diferencia de que as comisións de servicio se aboarán a razón de 6 horas 45 minutos.

3. Descansos. En ningún caso, toda vez que cobran como extraordinarios os sábados, domingos e festivos que se traballe, teñen dereito a descanso longo, senón unicamente ós descansos correspondentes ós sábados, domingos e festivos traballados que, como se indica anteriormente, se pagarán como comisión de servicio.

Artigo 15º.-Prolongación de xornada.

Os traballadores que rematen o seu traballo entre as 23 e as 2 horas terán dereito a medio día de descanso ó día seguinte en concepto de comisión de servicio.

Os que rematen despois das 2 horas terán dereito a un día de descanso ó día seguinte no mesmo concepto.

Artigo 16º.-Comisión de servicio.

Entenderase por comisión de servicio a compensación tanto en tempo como economicamente pola perda de descanso semanal ou diario a que o traballador tivese dereito. En tódolos casos a comisión de servicios é obrigatoria descansala.

Se a comisión de servicio se debe a ter traballado a noite anterior a un domingo ou festivo, tamén se desfrutará o primeiro día laborable.

As horas indicadas no artigo 15º entenderanse horas de presencia real na fábrica, sen que se compute o tempo de viaxe.

As horas indicadas nos artigos 17º e 18º entenderanse horas de presencia real en fábrica, computándose o tempo de viaxe (media hora de vir a fábrica e media hora de regreso a domicilio).

Artigo 17º.-Outras comisións de servicio.

Cando a empresa requira un traballador e este traballe máis de tres horas, rematando o traballo entre as 23 e as 2 horas, terase dereito a medio día de descanso ó día seguinte, en comisión de servicio.

Cando a empresa requira un traballador e este traballe máis de tres horas empezando o traballo entre as 23 e as 4 horas, terase dereito a un día de descanso ó día seguinte en comisión de servicio. Igualmente se, empezado o traballo antes das 23 horas se remata despois das 2 horas.

Cando a empresa requira un traballador e este traballe máis de tres horas, empezando o traballo entre as 4 e as 5 horas, terase dereito a medio día de descanso ó día seguinte, en comisión de servicio.

Cando se traballasen 5 ou máis horas dentro do forno e estas se realicen dentro das primeiras 36 horas de parada, terase dereito a un día de descanso ó día seguinte en comisión de servicio.

Artigo 18º.-Traballo extraordinario en domingo ou festivo.

Se se traballa entre 5 e 8 horas extraordinarias en domingo ou festivo, concederase medio día laborable en comisión de servicio.

Se se traballa 8 horas extraordinarias en domingo e festivo, concederase un día laborable en comisión de servicio.

Artigo 19º.-Tempo de bocadillo para o persoal de quenda.

O persoal de quenda disporá de 20 minutos para come-lo bocadillo e considerarase tempo efectivo de traballo. O dito persoal tomará o bocadillo de forma graduada e só poderá ser interrompido por unha avaría grave e non polo traballo normal de cada día.

Artigo 20º.-Vacantes.

Cando a empresa queira crear un posto de traballo fixo ou eventual, cumprirá os seguintes requisitos:

1. Ofrecerlle-lo primeiro ós excedentes, a que se fai referencia na acta nº 2 ó presente convenio.

2. Publicalo nos taboleiros de anuncios con suficiente antelación.

3. Sempre que haxa un productor na fábrica que desexe o dito posto, unha vez comprobada a súa capacidade para desempeñalo, terá preferencia a ocupalo sempre que non se vulneren os compromisos dos excedentes anteriormente mencionados.

4. Se ningún excedente ou fixo en fábrica puidese ocupa--lo dito posto, os fillos dos productores terán

preferencia ante calquera solicitude, sempre que demostren a súa capacidade para ocupalo.

Calquera proba que se lles faga ós solicitantes para que teña validez, deberá contar coa presencia de dous membros do comité de empresa e outros dous da empresa.

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

Os traballadores teñen dereito a dúas entregas de dúas roupas de traballo ó ano. A data de reparto fíxase en xuño e decembro de cada ano.

A roupa que se entregará cada semestre é a seguinte:

Unha funda (ou dous pantalóns) e unha camisa.

Tres pares de calcetíns.

Tres camisetas e un calzón ó persoal do forno, anexos, conservación, materias primas e productos terminados.

Unha toalla.

Para o persoal do forno, a entrega citada en primeiro lugar será dunha camisa e dous pantalóns de lá ou dúas camisas e un pantalón.

Unha vez ó ano entregaráselle a todo o persoal unha cazadora de lá. En principio a entrega desta fíxase en decembro.

Ó persoal de laboratorio entregaráselle unha bata cada seis meses.

Ó persoal de portería e chofer entregaráselle durante un ano dous pantalóns de tergal (azul mariño ou gris), dúas camisas azuis, unha gravata, unha cazadora de pano, un par de zapatos de seguridade e catro pares de calcetíns.

Ás secretarias entregaránselles dous uniformes ó ano, composto de dúas camisas, dúas saias e unha chaqueta de lá.

Se por causa de realizar un determinado traballo en fábrica, algunha destas pezas quedase inutilizada, cambiaráselles por outras novas, logo de entrega das inutilizadas.

Artigo 22º.-Comité de seguridade e hixiene.

O comité de seguridade e hixiene da fábrica de Sabón estará composto por 10 membros, 5 deles elixidos pola dirección da empresa e 5 elixidos polo comité de empresa.

Será función do comité promove-lo cumprimento das disposicións en materia de seguridade e hixiene no traballo, así como estudiar e propoñe-las medidas que coide oportunas para a prevención dos riscos profesionais e cantas sexan convenientes para unha debida protección da vida e da saúde dos traballadores.

Os membros do comité disporán, para o exercicio das súas funcións, de 10 horas mensuais dentro da xornada laboral.

A empresa, cada dous anos, por mediación do organismo competente, instará o recoñecemento ambiental por áreas e zonas de traballo, coa presencia de dous membros do comité elixidos polos traballadores. Se

no dito recoñecemento detectasen niveis non aceptables, a empresa fixará un prazo para a súa eliminación e informará ó comité de seguridade e hixiene do curso dos traballos de corrección que se efectúen.

A empresa informará ó comité de seguridade e hixiene dos casos que se poidan presentar de traballadores afectados por enfermidade profesional, procedendo a investiga-las causas que as motivaron, para a súa oportuna corrección, así como destina-lo traballador afectado a outro posto de traballo acorde coa súa categoría profesional e condición física.

A empresa para o ano 1995 pon a dispor do comité de seguridade e hixiene unha cantidade de 846.062 ptas. para subsidia-las necesidades en materia de seguridade e hixiene non previstas no orzamento xeral de fábrica e postas de manifesto polo comité. Para a utilización desta cantidade será suficiente a conformidade de 5 membros do comité de seguridade e hixiene, e un deles, como mínimo, terá que ser dos elixidos polo comité de empresa.

Capítulo 3

Conceptos retributivos

Artigo 23º.-Soldo, salario de cualificación.

Persoal empregado: o seu soldo individual increméntase nun 3,5% máis 30.000 ptas., sendo estas últimas consolidables, as cales pasan a formar parte da prima de carencia de incentivos, para tódalas categorías, sendo os seus mínimos e máximos os establecidos na táboa salarial adxunta a este convenio.

Persoal obreiro: o salario de cualificación increméntase nun 3,5% máis 30.000 ptas., sendo estas últimas consolidables, as cales pasan a formar parte da prima de carencia de incentivos, para tódolas categorías, sendo as cantidades que se percibirán por día, mes e categoría as establecidas na táboa salarial adxunta a esta convenio.

O valor das ata agora vixentes primas de rendemento, de asiduidade, de traballos especiais e de centro de traballo pasan a formar parte do salario base do segundo e terceiro chanzo de cada categoría.

O persoal excedente reflectida na acta nº 2 do presente convenio, cando sexa chamado á incorporación ó traballo de forma fixa ou temporal, cobrará o salario base do segundo chanzo de cada categoría.

O persoal de nova contratación a partir do 1-1-95 cobrará o salario base do primeiro chanzo de cada categoría.

Artigo 24º.-Plus de antigüidade.

A antigüidade cobrarase a razón dun 1% por cada ano de servicio, do soldo ou salario de cualificación correspondente ó nivel mínimo do posto que ocupe en cada momento, sen limitación do número de anos.

Artigo 25º.-Prima de carencia de incentivos.

Esta prima increméntase nun 3,5%. Tanto o persoal empregado como o persoal obreiro percibirá unha pri

ma fixa de carencia de incentivos nos seguintes termos:

Persoal empregado: a prima actual individualizada incrementada nun 3,5% máis un importe de 37.285 ptas. por paga.

Persoal obreiro do segundo e terceiro chanzo de tódalas categorías: 37.285 ptas. por paga.

Persoal empregado e obreiro de nova contratación (1-1-95): 25.299 ptas. por paga.

Persoal excedente: percibirá a mesma prima de carencia de incentivos có persoal do segundo ou terceiro chanzo de cada categoría.

Esta prima cobrarase por 14 mensualidades e engloba ós ata agora vixentes conceptos: paga de abril, bolsa de vacacións, economato, cesta de Nadal, apartamentos, préstamos, fondo de axuda, axuda para material escolar, vacacións para fillos de persoal.

Artigo 26º.-Prima de quenda.

A prima de quenda increméntase nun 3,5%. Esta prima cobrarase por 12 mensualidades, na contía de 16.099 ptas. mes.

Os baremos para as distintas quendas son:

MTNMNMTTM

Traballando domingos

e festivos 100%100%80%75%75%

Descansando domingos 90%90%75%75%75%

Descansando domingos

e festivos 85%85%75%75%75%

MTN: quenda mañá, tarde e noite

MN: quenda mañá e noite

MT: quenda mañá e tarde

T: quenda de tarde

M: quenda de mañá

Artigo 27º.-Chanzo de promoción (persoal obreiro).

O chanzo de promoción incrementarase nun 3,5%, sendo o seu valor para o persoal obreiro de 2.565 ptas. mes e por cada chanzo que lle pertenza. Este chanzo cóbrase por 14 mensualidades.

A empresa promocionará tódolos anos unha porcentaxe determinada de traballadores tal como está pactado, que no caso de fabricación son dous por ano e equipo, en caso excepcional pode chegarse a promocionar tres.

Artigo 28º.-Plus nocturno.

O importe do plus nocturno será o 20% do salario de cualificación que lle corresponda ó posto de traballo que ocupe no momento, incrementando no chanzo de promoción e na antigüidade.

A fórmula para o cálculo é:

425 (salario diario+EP+antigüidade) 56h/mes x 14 meses

Obreiro= 0,2 x

Cómputo anual de horas12

Subalternos425 (salario diario+EP+antigüidade) 56h/mes x 14 meses

ou empregados= 0,2 x

Cómputo anual de horas12

Este plus nocturno cobrarase por 12 mensualidades.

Artigo 29º.-Prima de domingo e festivo.

A prima de domingo e festivo increméntase un 3,5%, sendo de 495 ptas. por hora, para todo o persoal que traballe en domingo e festivo.

Artigo 30º.-Pagas extras.

As pagas extras de xullo e decembro serán de 30 días de remuneración dos seguintes conceptos:

- Soldo, salario de cualificación, antigüidade, prima de carencia de incentivos e chanzo de promoción do semestre anterior.

- Plus de teléfono, plus cargador e traballo de superior categoría de acordo co valor medio do cobrado no semestre anterior.

Artigo 31º.-Gratificacións especiais.

Consideraranse gratificacións especiais as seguintes:

1. Prima de emerxencia:

Os traballadores que, para realizar un traballo non previsto ou reparar unha avaría, sexan chamados a partir da hora seguinte á saída oficial de fábrica e ata a hora de entrada do día seguinte, así como os que o sexan en sábado, domingo ou festivos a calquera hora, cobrarán 906 ptas. máis unha gratificación equivalente ó importe dunha hora extra pola viaxe.

Igualmente, se son chamados despois das 11 da noite e a tarefa se pode resolver desde casa, (sendo preciso neste caso que se responsabilice o xefe de quenda, dando un parte por escrito no que exprese o motivo da chamada), cobrarán o mesmo importe excepto a hora extra pola viaxe.

2. Prima de retén

Cando un traballador estea de retén entre as 22 e as 6 horas cobrará unha prima equivalente a 2 horas de salario/hora individual. E de 3 horas, se o está entre as 6 e as 14 e as 14 e as 22.

Os traballadores que non estean de retén e sexan chamados para realizar traballos non previstos e para reparar avarías fóra da súa xornada habitual, cobrarán a parte proporcional da citada prima segundo o tempo de permanencia en fábrica.

3. Un productor menos no forno:

Cando, por algunha causa, un productor do forno falte ó seu traballo, o resto dos operarios que suplan a súa actividade, repartiranse entre eles a cantidade de 8.153 ptas. día.

4. Sacar electrodos: rotura normal da parte superior: 3.191 ptas. que se repartirán entre os que interveñan.

Rotura excepcional inferior: 9.574 ptas. que se repartirán entre os que interveñan.

5. Cambios de coroas:

Unha ou dúas coroas de presión: 3.191 ptas. cada unha que se repartirán entre os que interveñan.

Máis de dúas coroas de presión: 4.791 ptas. cada unha que se repartirá entre os que interveñan.

6. Prima de cargador:

292 ptas. por día traballado neste posto.

7. Plus de teléfono:

366 ptas. día para o persoal de portería cando se quede co manexo da centraliña xeral, durante o horario do persoal de xornada.

8. Intervención sobre pico de coada, cuba, pantallas, faldóns e reparación do piso, planta de carga de fornos e demolición de silicio na depuración, estando o forno en marcha:

118 ptas. hora traballada nos ditos postos.

9. Intervención en columna de electrodos e carga por gravidade estando o forno parado:

118 ptas. hora traballada nos ditos postos.

10. Cambio de placas:

Unha ou dúas placas (con ou sen as súas coroas correspondentes): 6.383 ptas. cada unha que se repartirán entre os que interveñan.

Máis de dúas placas (con ou sen as súas coroas correspondentes): 9.574 ptas. cada unha que se repartirá entre os que interveñan.

11. Soldar camisa dentro do forno:

3.137 ptas. por columna de electrodos que se repartirá entre os que interveñan.

12. Reapertar porcas, pontes, cambiar pontes:

1.132 ptas. por columna de electrodos que se repartirán entre os que interveñan.

13. Reapertar tubo de chegada de corrente a placas:

2.250 ptas. por columna de electrodos que se repartirá entre os que interveñan.

14. Traballo de reparación de tellados:

118 ptas. hora traballada no dito posto.

15. Durante os 15 primeiros días de parada dos fornos, o persoal que traballe na demolición deles, así como na cuba, picos, chemineas e faldóns, percibirá un importe de 118 ptas. hora traballada no dito posto.

Artigo 32º.-Horas extraordinarias.

Para determina-lo importe do cálculo das horas extraordinarias aplicarase a fórmula seguinte:

(Sal.+antg.+cha.p.+PCI) x 7 + (N+Q) x h.efec./52 + 2p.ext./52

H.efec. (horas efectivas de traballo) / 52

Sal.= salario de cualificación diaria

Antg. = antigüidade diaria

Cha.p. = chanzo de promoción, valor diario

PCI = valor do PCI diario

N. = valor da hora nocturna

Q. = valor da hora da prima de quenda

2p.ext. = pagas extras de xullo e decembro

H. efec.= horas efectivas de traballo ano

52 = semanas ano

Tódalas horas extraordinarias pagaranse cun incremento do 75% sobre este valor base.

Na nómina aparecerá á parte o valor do traballo nocturno e quenda correspondentes só ás horas normais, xa que estes conceptos xa figuran en valor de hora extra.

Artigo 33º.-Horas en exceso.

Cando algún persoal de quenda remate o ano con horas traballadas de máis por motivos do axuste dos ciclos, aquelas serán aboadas como horas extras, e se se fixesen de menos polo mesmo motivo non se terán que recuperar.

Artigo 34º.-Traballos de superior categoría.

Cando un traballador desempeñe funcións de categoría superior pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva na categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 35º.-Revisión salarial 1995.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento con respecto o 31 de decembro de 1994 superior ó 3,5% efectuarase unha revisión salarial consolidable de tódolos conceptos retributivos en función do exceso sobre a indicada cifra, con carácter retroactivo desde primeiro de xaneiro de 1995.

Capítulo 4

Fondo de pensións

Artigo 36º.-Xubilación, invalidez, viuvez persoal en activo, viuvez persoal en pasivo, orfandade.

Tódolos traballadores do centro de traballo de Sabón, no momento da compra do dito centro por Ferroatlántica, S.L., tiñan garantida a cobertura social a través do regulamento do plans de pensións formalizado na S.E. de Carburos Metálicos, S.A., segundo a acta da comisión promotora deste, o 17 do outubro de 1990 e posta en marcha o día 31 de decembro de 1990, segundo establece o R.d. 1307/1988, do 30 de setembro e Lei 8/1987, do 8 de xuño, de regulación dos plans e fondos de pensións.

No momento da compra deste centro de traballo por Ferroatlántica, S.L., esta subrógase en todos estes dereitos e crea o Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., que entra en vigor o 1 de decembro de 1992.

Tódolos traballadores de Ferroatlántica, S.L., da fábrica de Sabón que pertenzan ó Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., teñen garantido a través deste, como mínimo, o cumprimento dos puntos que facían referencia a xubilación, viuvez, invalidez e orfandade no antigo fondo de previsión que estivo vixente ata o ano 1990, por pactos ou convenio.

Para garanti-los ditos acordos traspasaranse os dereitos consolidados dos traballadores ó novo Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., nas condicións recollidas no regulamento do dito plan. Tamén fará unhas contribucións mensuais por partícipe, creando así un sistema de financiamento as condicións do cal son as recollidas no Regulamento do plan de pensións no título terceiro e que abrangue os artigos 13, 14, 15 e 16.

Tódalas melloras en achegas económicas ou outros conceptos que adicionalmente faga a empresa ó Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., quedarán automaticamente incorporados a este convenio.

Todo aquel persoal da empresa que non adquirise o dereito de adhesión ó Plan de Pensións de Ferroatlántica, S.L., segundo o establecido no seu regulamento, terá a mesma cobertura social indicada no enunciado deste artigo a través dunha póliza de seguros colectiva, sendo o custo da prima correspondente a cargo da empresa.

A dita póliza terá que cubrir tamén nos mesmos supostos do parágrafo anterior os traballadores que, aínda pertencendo ó novo plan de pensións, non acumulasen no momento do feito causante suficiente capital para garantirlle-la pensión que lle correspondese no antigo fondo de previsión que tiñan os traballadores ata o ano 1990. Para determina-lo capital necesario para garantirlle-la pensión que lles correspondese no antigo fondo de previsión usarán as mesmas fórmulas e bases que se utilizan para acha-la pensión de invalidez e que veñen marcadas no art. 28 do regulamento do fondo e no artigo 37º deste convenio.

Capítulo 5

Acción social

Artigo 37º.-Invalidez provisional ou incapacidade temporal.

O traballador afecto de invalidez provisional ou incapacidade temporal, mentres permaneza en tal situación e para os efectos de invalidez permanente absoluta, percibirá o mesmo complemento que se fixara para a xubilación. O complemento anual calcularase por aplicación das seguintes porcentaxes, sobre a base reguladora de cada traballador en función dos anos de servicio na empresa.

Con menos de 12 anos completos de servicio25%

Con 12 anos completos ou máis, ata 21 anos completos de servicio40%

Con 22 anos completos ou máis, ata 31 anos completos de servicio50%

Con máis de 31 anos completos de servicio55%

A base reguladora será, para cada traballador, a diferencia entre o salario bruto percibido nos doce meses anteriores á data da invalidez, por xornada normal de traballo, e o importe da prestación que lle corresponda percibir da Seguridade Social.

En ningún caso o complemento da empresa poderá supera-lo 25% da prestación que lle corresponda da Seguridade Social, para asegura-lo 60% do salario bruto percibido polo traballador nos 12 meses anteriores á data da invalidez.

No caso de invalidez permanente total, esta percepción queda suxeita a que a empresa non lle ofreza un posto de traballo acorde coa súa capacidade.

Durante a invalidez ou incapacidade temporal a empresa seguirá aportando polo traballador ó fondo de pensións, tal como o marca o Regulamento do plan de pensións de Ferroatlántica, S.L., utilizándose como salario regulador o mesmo que tería o traballador en activo.

Artigo 38º.-Invalidez.

Toda aquela persoa que cause baixa na empresa por invalidez permanente antes dos 18 meses de prestacións por incapacidade temporal, percibirá unha cantidade compensatoria pola perda do poder adquisitivo que puidese producirse.

Artigo 39º.-Axudas especiais.

Os traballadores en activo ou pasivo que teñan ó seu cargo fillos, calquera que sexa a súa natureza legal de afiliación, ou outros descendentes ou irmáns seus ou do seu cónxuxe ó seu cargo, que teñan a condición de diminuído físico ou psíquico, imposibilitados para o traballo, percibirán 22.562 ptas. mensuais por doce meses por cada causante máis 16.921 ptas. mensuais por doce meses no caso de estar escolarizado.

Entenderase por minusvalidez física a imposibilidade de valerse por si mesmo para realiza-las funcións elementais da vida e psíquica aquela que fose declarada e recoñecida como tal pola Seguridade Social, aboándose aínda percibindo a subvención legal que estea establecida. Polo contrario, non procederá o seu aboamento cando o causante perciba a pensión da Seguridade Social.

Artigo 40º.-Premio de vinculación.

Establécese un premio de vinculación á empresa, en función dos anos de servicio prestados a ela, de acordo coa seguinte escala.

Escala 1ª. Ós 20 anos de servicios continuados, unha mensualidade do seu salario real bruto.

Escala 2ª. Ós 33 anos de servicio continuado, dúas mensualidades e media do seu salario real bruto.

No caso de xubilación, cobrarán este premio aqueles traballadores que no momento de se xubilaren teñan 19 anos para o primeiro chanzo e 30 anos ou máis de servicio continuado para o segundo, se non os tivesen cobrado.

Para o ano 1996 a escala segunda será de 32 anos.

Enténdese por salario real bruto anual a suma de tódolos conceptos que cotizan ó fondo de pensións.

Artigo 41º.-Premio de xubilación.

O traballador percibirá ó xubilarse unha cantidade equivalente a 12.174 ptas. por cada ano de servicio activo e continuado na empresa, sempre que a dita xubilación se realice ó cumpri-los 65 anos de idade ou antes desa idade.

No caso de ser superior, cobrará unha mensualidade por cada quinquenio ata un máximo de 5 mensualidades do seu salario bruto.

Artigo 42º.-Indemnización por defunción.

No caso de falecemento dun traballador, xa sexa por causas naturais ou accidente dentro ou fóra das horas de traballo, os seus habentes dereito percibirán unha cantidade de 1.804.932 ptas. máis 451.233 ptas. por cada fillo que estea ó seu cargo.

Para os traballadores que pasen á situación de invalidez a dita cobertura manteráselles durante os seguintes períodos.

a) Traballadores a partir de 55 anos ata a idade de 60 anos, ou como mínimo durante o primeiro ano de invalidez.

b) Traballadores menores de 55 anos, terán dereito á dita cobertura durante o primeiro ano de teren pasado á situación de invalidez.

Os traballadores poderán designar por escrito o beneficiario da dita cantidade, no caso de non facelo entregaráselles ós seus habentes dereito.

Artigo 43º.-Anticipo de nómina.

O traballador terá dereito a percibir como anticipo de nómina, unha mensualidade do seu salario.

Artigo 44º.-Axudas de custo.

As axudas de custo terán un valor de 3.020 ptas. por día cando se realicen en viaxe as dúas comidas principais e de 1.543 ptas. por día cando se faga en viaxe unha das dúas comidas principais.

Artigo 45º.-Comidas por conta da empresa.

Cando un ou varios operarios de fábrica teñan que efectuar un xantar ou cea por conta da empresa, por razóns de traballo requirido por esta, establécese unha cantidade de 1.643 ptas.

O horario a partir do cal o traballador ten dereito a esta cantidade é o seguinte:

No seu horario normal de luns a venres, cando sexa requirido para realizar un traballo na súa hora de

comida, 13 horas 15 minutos, e remate despois das 14 horas, ou se se prolonga a súa xornada de traballo despois das 17 horas 15 minutos, rematando despois das 22 horas.

Tamén lle corresponderá se é chamado á súa casa para realizar un traballo e remata despois das 14 horas ou despois das 22 horas.

No primeiro dos casos a chamada ten que ser antes das 15 horas e no segundo a chamada ten que ser antes das 23 horas.

Esta cantidade por comida concederase tanto se se come no comedor de fábrica, nun restaurante ou na súa casa. En tódolos casos considerarase o transporte por conta da empresa.

En ningún caso se aboará ningunha hora extraordinaria polo tempo de comida.

Esta cantidade actualizarase automaticamente na mesma porcentaxe có aumento salarial.

Artigo 46º.-Baixa por enfermidade ou accidente.

Por accidente:

A empresa completará ata o 100% do salario total habitual desde o primeiro día do accidente.

Por enfermidade:

A empresa completará ata o 100% do salario total habitual desde o primeiro día da baixa por enfermidade.

Sen que estea no ánimo da empresa restrinxi-lo pagamento deste complemento e si perseguir ata onde sexa posible a fraude, perderase o dereito a percibilo cando se produzan algunhas das seguintes circunstancias:

Non ter á empresa puntualmente informada dos partes de baixa e alta, así como os partes de confirmación semanais, que, agás casos especiais, deberán ser entregados persoalmente.

Non presentarse sen causa xustificada ós controis tanto no domicilio como no botiquín, que o servicio médico solicite realizar para segui-la evolución da enfermidade.

Desatende-las prescricións médicas e os tratamentos durante o período da baixa, incluídas as recomendacións do médico de empresa.

Cando dos controis e inspeccións realizados polo médico de empresa, dos cales será previamente informado o comité de empresa, resulte demostrado de maneira evidente e non só a criterio do médico, que o traballador non se encontra impedido para o cumprimento dos deberes laborais.

No caso de discrepancia entre os distintos informes médicos con relación á continuidade da baixa, resolverá a inspección médica e se do dictame deste se desprendese que a baixa era improcedente, perderase o complemento desde o momento en que se inicie o trámite da Inspección Médica da Seguridade Social.

Artigo 47º.-Prazas de prácticas.

Acórdase que para as prazas de práctica que se veñen realizando na empresa para universitarios e formación profesional, terán preferencia os fillos dos traballadores deste centro de traballo.

Artigo 48º.-Comedor social.

Ferroatlántica, S.L. mantén un comedor social que é para uso dos traballadores, correndo a empresa cos seus gastos xerais (propano, auga, electricidade, reposición de vaixela, reparación de avarías e mantemento deste, etc.) e participando nos gastos de comida nun 80%, sendo o 20% restante a cargo do traballador.

Artigo 49º.-Comité de empresa.

A empresa aportará ó comité de empresa para os seus gastos a cantidade de 74.187 ptas. mensuais entregándose durante o primeiro semestre a totalidade correspondente ó ano.

Así mesmo, a empresa aportará para os gastos do comité de seguridade a cantidade de 24.758 ptas. mensuais. A dita cantidade percibiraa o comité de empresa, que se fará cargo dos gastos do comité de seguridade.

O comité de empresa poderá acumula-las horas dos distintos membros entre si, para o seu mellor funcionamento.

O comité de empresa disporá dun local concedido pola empresa para ser utilizado en actuacións propias do seu cometido.

Artigo 50º.-Incrementos salariais.

As táboas salariais e os demais conceptos establecidos neste convenio para 1995, incrementaranse na porcentaxe en que o IPC real do dito ano superior ó 3,5%.

No mes de xaneiro de 1996, tódolos conceptos salariais subirán de forma consolidable a porcentaxe de IPC previsto polo Goberno máis 30.000 ptas., que se incrementarán na prima de carencia de incentivos. Asinaranse as novas táboas cos novos salarios, así como as novas cantidades dos demais conceptos retributivos e xuntarase a este convenio.

Unha vez coñecido o IPC real de 1996 farase unha revisión salarial consolidable de tódolos conceptos retributivos en función do exceso sobre a subida xa efectuada con carácter retroactivo a xaneiro de 1996.

A empresa O comité de empresa

95-06879