De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 40.3º a) da mesma lei.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta
notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
A Coruña, 27 de outubro de 1995.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Lei de pesca
sancionador
número DNI
Último enderezo coñecido infrinxido infracción propostaTipificación infracción
Procedemento
Denunciado
Feitos imputados Artigo
Cualificación
Sanción
32.464.277
Viúvas San Pablo, 2
Ferrol
4.900 Indemniz. 32.619.182
Concepción Arenal, 33-35
Ferrol
2.700 Indemniz.P-95/0226 Manuel Garrido Montero
Non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para as capturas. 33.9º 33.9º 10.000 multa
P-95/0227 Pedro Fernández Rivera
Non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. 33.9º 33.9º 10.000 multa
95-7509