Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora nos expedientes sancionadores de pesca fluvial que se citan (número 0033/1995 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 27 de outubro de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de pesca

Procedemento

sancionador

número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Cualificación

infracción

Sanción

proposta

P-95/0033Gerardo Cortegoso González

33.861.542

Touro, 16

Santiago de Compostela

Pescar sen licencia34.1º34.1º50.001 multa

1.200 indemniz.

95/0036Albino Lage García

76.337.328

R/ Poniente, 15

Carballo (A Coruña)

Non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Agricultura Gandería e Montes para as capturas.33.9º33.9º10.000 multa

10.000 Indemniz.

P-95/0069Manuel Castro Fernández

32.325.600

Parada-Estación

Ordes

Pescar con cana no encoro de Vilagudín, atopándose vedado.34.6º34.6º50.001 multa

1 ano Inhab.

P-95/0098Manuel López Espiño

32.314.203

Chantado, 25-27

Ferrol

Amorear residuos que non son de madeira no longo do río.34.24º34.24º50.001 multa

1 ano Inhab.

P-95/0212Gonzalo Iglesias Gómez

76.415.167

Pº Molino B-1º Esq.

As Pontes de García Rodríguez

Pescar sen levar consigo a licencia.33.1º33.1º5.000 multa

95-7508