Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das asistencias técnicas que se citan (clave N/PO/95.8 e dúas máis).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica: a redacción do estudio informativo, cartografía e impacto ambiental da nova estrada de conexión PO-300. Vilagarcía de Arousa.

Clave: N/PO/95.8.

Orzamento: catorce millóns trescentas trinta e catro mil setenta e catro pesetas (14.334.074 ptas.).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

2. Asistencia técnica: apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da LU-111. Treito: Rábade-Cospeito.

Clave: N/LU/91.10.

Orzamento: tres millóns seiscentas setenta e catro mil seiscentas vintecinco pesetas (3.674.625 ptas.).

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: non se esixe.

3. Asistencia técnica: redacción do proxecto de acondicionamento do corredor central. Treito: Escairón-Monforte III.

Clave: N/LU/85.1.4.

Orzamento: dez millóns novecentas oitenta e seis mil seiscentas catro pesetas (10.986.604 ptas.).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría a.

Declaradas urxentes de acordo co establecido no artigo 72 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de Contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que no coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1995.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-7507