Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.077

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de outubro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo por Orde do 30 de xuño de 1995 (DOG nº 145, do 31 de xullo de 1995) esta consellería, no uso das facultades e atribucións atribuídas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente orde.

A toma de posesión deberase facer no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta o seu servicio

o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente realizaranse os trámites para sua lata en nómina.

Da dilixencia efectuada será remitida copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións pública e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO:

Nª rexistro persoal: 34.604.964.24.A2051.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Paz Añel, Mª del Carmen.

Posto de traballo: xefe servicio Turimo, PR.P19.10.000.32001.001.

Nivel: 28.

Localidade: Ourense.

Dependencia: Servicio Provincial de Turismo.

95-07747