Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo por Orde do 3 de agosto de 1995 (DOG nº 183, do 22 de setembro) esta consellería, no uso das facultades e atribucións atribuídas pola Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,
RESOLVO:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.
Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente orde.
A toma de posesión deberase facer no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta o seu servicio o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro.-A Xefatura de Persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente realizaranse os trámites para sua alta en nómina.
Da dilixencia efectuada será remitida copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Presidencia e Administración Pública.
Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunica-lo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1995.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
ANEXO:
Nº rexistro persoal: 7651645146-A2059.
Grupo: D.
Apelidos e nome: Bandín Rosende, Isabel.
Posto de traballo: secretaria de dirección PRP050000015770001.
Nivel: 18.
Localidade: Santiago de Compostela.
Dependencia: secretaría xeral para o Turismo.
9507753