Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN conxunta do 10 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Confederación Estatal de Sindicatos Médicos-Sindicato de Enfermería (CESMSATSE), Central Sindical Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación de Sindicatos Independentes e Sindical de Funcionarios (CSI-CSIF), sobre permisos retribuídos, uso e acumulación de crédito horario e caracterización dos delegados de sección sindical dos representantes sindicais do persoal ó servicio das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

No marco da mesa sectorial do persoal sanitario mantívose unha negociación coa finalidade de establecer un réxime de permisos retribuídos, uso e acumulación de crédito horario e caracterización dos delegados de sección sindical dos representantes sindicais do persoal ó servicio das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, de conformidade co disposto na Lei 9/1987, do 12 de xuño de representación, determinación das condicions de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

Como consecuencia de tal proceso negociador resultou o pacto anexo, subscrito entre a Administración

sanitaria e as centrais sindicais CIG, CESMSATSE, CC.OO., UGT e CSI-CSIF, celebrado de conformidade co artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño.

O contido do devandito pacto é o que figura como anexo á presente resolución.

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Acorda-la publicación do pacto sobre permisos retribuídos, uso e acumulación de crédito horario e caracterización dos delegados de sección sindical dos representantes sindicais do persoal ó servicio das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde que se inclúe como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

Carlos Negreira Souto

Director Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO

En Santiago de Compostela, o trinta e un de outubro de mil novecientos noventa e cinco, no marco da mesa sectorial de negociación do persoal sanitario, e de conformidade coas facultades conferidas na Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, representantes da Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais Confederación Intersindical Galega (CIG), Confederación Estatal de Sindicatos Médicos-Sindicato de Enfermería (CESMSATSE), Central Sindical Comisións Obreras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación de Sindicatos Independentes e Sindical de Funcionarios (CSI-CSIF), subscriben o presente pacto sobre permisos retribuídos, uso e acumulación de crédito horario e caracterización dos delegados de sección sindical dos representantes sindicais do persoal ó servicio das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, co

contido que a continuación se expón:

Tanto a vehiculación do proceso de eleccións a órganos de representación do persoal de II.SS. coma o exercicio concreto dos dereitos, no máis amplo sentido, dos representantes electos ou, se é o caso, delegados de seccións sindicais, aparecen recollidos na normativa aplicable, co carácter de preceptos básicos, de uniforme e obrigado cumprimento polos organismos afectados.

Non obstante, existen unha serie de materias que, ou ben non aparecen normativizadas ou, teñen unha, a regulamentación pode ser efectuada, dentro das súas

propias competencias, polas administracións autonómicas ou servicios de saúde.

Entre as citadas cuestións, parece necesario aborda-las referentes á concesión e formalización dos permisos sindicais, uso e acumulación do crédito horario e caracterización dos delegados de sección sindical, con respecto, obviamente, dos concretos preceptos básicos que en canto á súa afectación nalgún punto sobre tales extremos, existan na normativa xeral, fundamentalmente Lei orgánica 11/1985, de libertad sindical e Lei 9/1987, do 12 de xuño de representación, determinación das condiciones de traballo e participación do persoal ó servicio das Administracións Públicas.

Co tratamento desta materia, conséguese unha imprescindible uniformidade, a cal viña sendo demandada reiteradamente pola dispersión ou inexistencia de regulamentacións, e unha indiscutible seguridade, tanto para os xestores das institucións, coma para os propios representantes dos traballadores ou responsables das centrais sindicais.

Así mesmo, sen menoscabo do respecto e execución, como procede, do compromiso acadado o 12 de xaneiro de 1995 coa totalidade das centrais sindicais representadas na mesa sectorial, resulta necesario desenvolver ou amplia-lo punto relativo ó número dos permisos sindicais a tempo completo concedidos ás centrais sindicais, coa precisión do procedemento que se seguirá para a súa aprobación e demais pormenores de ineludible tratamento.

I. Ámbito de aplicación.

I.1. Territorial: será de aplicación en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

I.2. Persoal: afectará á representatividade do persoal de II.SS. dependentes do Servicio Galego de Saúde.

II. Vixencia.

II.1. O presente pacto terá efectividade a partir do día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

II.2. A súa vixencia estenderase ata a conclusión do vindeiro proceso electoral.

Non obstante o antedito entenderase prorrogado, tacitamente, de non mediar denuncia expresa polas partes.

No caso de prórroga, adaptarase a concesión dos permisos referidos no apartado IV do presente pacto, ó resultado do próximo proceso electoral e á proporcionalidade de representación obtida polas organizacións sindicais nel.

III. Derrogación.

III.1. Quedarán sen efecto tódolos pactos ou acordos anteriores que versen sobre as mesmas materias.

IV. Permisos retribuídos a tempo total.

IV.1. Como xa se facía constar no compromiso do 12 de xaneiro de 1995, a concesión de permisos retribuídos a tempo total ás diversas centrais sindicais

obedece ó lóxico imperativo de que estas poidan desenvolver idoneamente e sen constrinximentos á súa función de carácter representativo.

Por iso, considérase razoable que as organizacións sindicais, asinantes do presente pacto, que acreditan alomenos un 10% do global de representantes ás xuntas de persoal das áreas sanitarias da Comunidade Autónoma, dispoñan para as súas funcións do seguinte número de permisos:

-40 que se repartirán proporcionalmente á representación acreditada no último proceso electoral, coa desagregación seguinte:

Organizacións

sindicais

Representación

na C.A. Galega

Nª Permisos

retribuídos

CIG5612
CEMSATSE5011
CC.OO.4510
UGT307

-12 que se repartirán, de xeito lineal, entre esas organizacións sindicais, nun número igual para cada unha delas.

No que respecta ás centrais sindicais CSIF e SAE, se ben non atinxen ó 10% aludido, ó ter representación en alomenos catro áreas sanitarias, resulta equitativo, co obxecto de posibilitar minimamente o exercicio do seu cometido, concederlles un permiso retribuído a tempo total a cada unha delas.

A vixencia máxima destes permisos será a mesma que a establecida para o presente pacto.

IV.2. A partir da vixencia do presente pacto, tódolos representantes sindicais que actualmente acrediten permiso de exención de prestación de servicios a tempo total, de non seren designados como destinatarios dos permisos que se regulan no presente apartado ou non estar exentos pola acumulación de crédito horario segundo o disposto no apartado V seguinte, deberanse reincorporar automaticamente ó seu posto de traballo.

IV.3. Para a concesión dos permisos, a central sindical interesada enviará escrito, coa solicitude, á Dirección Xeral de Recursos Humanos, que, coa maior celeridade, autorizará o permiso, a menos que razóns asistenciais de suficiente entidade fagan imprescindible a prestación de servicios do persoal en cuestión. Non obstante, dada a aplicación restrictiva de tal excepción, farase todo o posible para elimina-la causa ou motivo obstativo do permiso, coa articulación das medidas precisas que fagan viable a súa concesión.

IV.4. Coa finalidade de non perturba-la organización e funcionamento dos centros sanitarios, considérase imprescindible manter por un tempo mínimo

de seis meses a duración destes permisos a favor da persoa designada. Nembargantes, concluirán os permisos antes do termo cando existan razóns xustificadas que obriguen á organización sindical a remove-lo destinatario do permiso, que medie renuncia do persoal afectado, ou ben pola concurrencia dunha causa grave que supoña manifesta desvirtuación do fin para o cal se conceda o devandito permiso.

IV.5. Os profesionais que acrediten estes permisos e non ostenten a condición de membros das xuntas de área, delegados de seccións sindicais ou cargos electos das organizacións sindicais, gozarán dos mesmos dereitos de representación e garantías que aqueles, coa excepción dos que sexan inherentes ás tres clases de intitulación mencionadas e, polo tanto, indispoñibles.

V. Uso e acumulación do crédito horario.

V.1. O crédito horario do que se faga uso polos membros das xuntas de persoal e delegados de sección sindical que acrediten dereito a el, farase efectivo de xeito que se concilie o seu libre uso coa necesaria atención á correcta prestación de servicios por parte dos centros sanitarios, para evitar calquera perturbación ou prexuízo ós usuarios.

Con esta finalidade, o representante ou delegado deberá preavisar, perante os responsables do centro do que dependa, coa suficiente antelación, en ningún caso inferior a 48 horas, agás razóns imperativas ou circunstancias impeditivas que o fagan imposible.

V.2. Dadas as particularidades da prestación de servicios do persoal sanitario de cota e zona, con parte da xornada a desenvolver en réxime de presencia física en consulta e o resto en situación de dispoñibilidade, parece oportuno determinar que o crédito horario destes representantes, para o cumprimento dos seus fins, se poida facer efectivo en cómputo dun número de días completos. Para tal fin, en adecuada ponderación coa xornada habitual do resto do persoal, convense establece-lo número de 6 días naturais ó mes.

V.3. Para acada-la adecuada uniformidade e razoable igualdade de trato, convense que o crédito horario asignado a tódolos representantes que acrediten dereito ó mesmo sexa dun mínimo de 40 horas mensuais, con independencia da unidade electoral da que dependan.

V.4. Os representantes das xuntas de persoal e os delegados de sección sindical poderán acumula-lo seu crédito horario, cun ámbito equivalente ou superior á área sanitaria, co fin de eximir totalmente da prestación de servicios a un representante ou delegado da mesma central sindical.

A acumulación, coa exención total correspondente, farase por un período de tempo mínimo de seis meses, para evitar transtornos no funcionamento dos servicios e na correlativa prestación ós usuarios. Exceptuarase os supostos en que, por razóns xustificadas, a organización sindical se vexa obrigada a remove-lo profesional exento antes do cumprimento de tal prazo mínimo, ou pola concorrencia de calquera outra causa obstativa de continuidade del, tanto a iniciativa deste,

como por circunstancias graves que impidan o mantemento da exención.

No posible, cederase a totalidade do crédito horario de cada un dos representantes ou delegados cedentes, na procura de que se evidencie a preponderancia do obxectivo da exención da prestación de servicios á que a acumulación propende.

V.5. Non obstante o antedito, será factible tamén a acumulación ou cesión de crédito horario sen a mencionada limitación temporal, exclusivamente dentro do ámbito da área sanitaria, co fin de que o cesionario poida dispoñer dun maior número de horas para o cumprimento de determinados fins ou realización de concretas actividades, que xustificadamente o requiran.

V.6. Para atinxir unha maior celeridade e control, tanto na tramitación e resolución do proceso, como na dispoñibilidade dunha relación exacta e pormenorizada dos supostos de exención da prestación de servicios que por tal motivo se produzan, dirixiranse as solicitudes de acumulación horaria, debidamente documentadas, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos. Este centro directivo, trala análise da situación, disporá, nun prazo máximo de sete días, o permiso interesado, sempre que se cumpra o requisito da dispoñibilidade do crédito preciso.

V.7. Co ánimo de facilita-la exención do traballo para o idóneo desempeño das funcións de representación sindical por parte das organizacións, e unicamente para estes, establécese o módulo horario necesario para a súa concesión de 1.560 horas anuais, rateadas en 12 mensualidades de 130 horas mensuais.

V.8. Os profesionais que se atopen exentos da prestación de servicios, tanto por acumulación horaria, como por seren recipiendarios do permiso a que se refire o apartado IV, permanecerán en situación de servicio activo e acreditarán a totalidade das retribucións que de xeito ordinario viñeran percibindo, tida conta, para os emolumentos que sexan de percepción variable, a contía promediada anual deles no ano inmediatamente anterior á data en que se inicia o permiso.

No suposto do persoal de cota e zona, dado o especial réxime retributivo excluído do ordinario que recolle o Real decreto Lei 3/1987, do 12 de setembro, determinarase para o abono dos seus emolumentos a cantidade correspondente á súa praza no mes natural inmediatamente anterior á data na que se produce a exención do traballo.

Sobre os emulumentos que veñan percibindo os profesionais afectados aplicaranse os incrementos anuais que regulamentariamente correspondan.

Nos casos en que se produza traslado do profesional a distinta praza, os emolumentos que percibirá serán os correspondentes á nova praza desde o intre no que aquel sexa efectivo.

V.9. Finalmente, convén sinalar que o persoal con permiso concedido conforme apartado IV deste pacto, que ostente a condición de membro da xunta de persoal

ou delegado de sección sindical, poderá cede-lo crédito horario para a acumulación á que se refire este apartado.

VI. Caracterización dos delegados de sección sindical.

VI.1. Como derivación indubidable do principio de autonomía e virtualidade da liberdade sindical consagrado na normativa vixente e corolario da potestade de auto-organización das centrais sindicais, estas poderán constituír, sen limitacións, seccións sindicais nos distintos centros de traballo da rede sanitaria. Manteranse en tales centros para o desenvolvemento pleno das súas funcións os locais que actualmente teñen habilitados.

VI.2. Con independencia de tal aserto, que concirne ó denominado aspecto interno da organización, os delegados de seccción sindical que acrediten os dereitos e garantías equivalentes ós previstos para os membros das xuntas de persoal segundo o teor do artigo 10 da Lei orgánica de liberdade sindical, como manifestación do aspecto externo da organización, elixiranse por cada área sanitaria das existentes na Comunidade Autónoma de Galicia que serviron como marco ou unidade electoral para as eleccións dos representantes ás xuntas de persoal. E o número total dos delegados susceptibles de elixir por cada unha das centrais sindicais nas áreas en cuestión estará en función dos requisitos e escala establecidos no mencionado artigo da Lei orgánica de liberdade sindical.

95-07746