Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa e procedemento aberto, da obra de clave LU-03-06-95/424.

A) Obra.

Dragado da dársena pesqueira do porto de Foz.

Clave: LU-03-06-95/424.

Orzamento: dezaseis millóns seiscentas sesenta e sete mil catrocentas seis (16.667.406) pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 1, categoría c.

(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979 e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se adxunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de dirixirse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coin

cida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions realizarase pola mesa de contratación ás once horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9507775