Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCION do 13 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos seguintes contratos administrativos que se citan (abastecemento de auga, saneamento e depuración en núcleos dos concellos de Ramirás, Cartelle e oito máis).

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por

delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Abastecemento de auga, saneamento e depuración en núcleos dos concellos de Ramirás, Cartelle e outros.

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 97.950.000.

-Abastecemento e saneamento a Padrenda.

Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

Orzamento: 77.355.650.

-Asistencia técnica redacción proxectos de construcción C-550. Travesías de Cee e Corcubión.

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 14.990.000.

-Abastecemento e saneamento a Baños de Molgas (Ourense).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 97.236.367.

-Asistencia técnica para o mantemento e tratamento informático das estacións de aforo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na provincia da Coruña.

Adxudicatario: Tranor, S.L.

Orzamento: 12.950.000.

-Pavimentación do peirao comercial de Cariño.

Adxudicatario: Ecinsa.

Orzamento: 28.965.588.

-Asistencia técnica para o estudio das repercusións socioeconómicas das novas infraestructuras terrestres de Galicia.

Adxudicatario: F, Verdia, S.A.

Orzamento: 9.947.500.

-Prolongación do dique do Porto do Son.

Adxudicatario: Cuíña, S.A.

Orzamento: 42.538.869.

-Asistencia técnica redacción proxecto acondicionamento estrada LU-132. Lourenzá-Vilafernando. Treito: Trabada-Vilafernando.

Adxudicatario: C3A.

Orzamento: 10.724.000.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1995.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9507793