Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo (Xefatura de Estradas), pola que se somete a información pública o proxecto de trazado das obras do corredor C-533 de Monforte a Lalín, treito Monforte-Chantada, circunvalación de Monforte (clave N-LU-85.2.E.I).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia con data 6 de setembro de 1995, aprobouse tecnicamente o estudio informativo de referencia,que desenvolve as prescricións técnicas previstas na resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 6 de febreiro de 1992 polo que se aproba definitivamente o estudio informativo de referencia, e ordénaselle a esta Xefatura Provincial de Estradas con data 13 de setembro pasado a incoación do correspondente expediente de información pública.

Polo tanto e en cumprimento do artigo 15 da Lei de estradas de Galicia, artigos 34 e 35 do Regulamento xeral de estradas do 2 de setembro de 1994 e artigo 86 da Lei de réxime xurídico e procedemento administrativo común, sométese a información pública o estudio informativo aprobado tecnicamente, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e poderase formular observacións sobre as condicións que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada ou sobre a concepción global do seu trazado.

Este trámite de información pública é tamén para efectos do cumprimento do previsto no decreto da Xunta de Galicia 442/1990, do 13 de setembro, da avaliación do impacto ambiental para Galicia.

O estudio informativo e a aprobación técnica deste pódense examinar nas oficinas de esta Xefatura Provincial, sitas na Ronda da Muralla, nº 131, quinta planta, Lugo, e no Concello de Monforte de Lemos.

Os escritos formulando observacións ó estudio informativo, dirixidos a esta xefatura, pódense presentar nas oficinas antes citadas de Lugo, ou utilizando calquera das modalidades previstas na vixente Lei de réxime xurídico e procedemento administrativo común.

Lugo, 7 de novembro de 1995.

José A. Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

95-7573