Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995 pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos de asistencia técnica para a realización de revisións de control financeiro en diversas entidades da Comunidade Autónoma.

Para os efectos do disposto no Art. 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que esta consellería adxudicou os contratos que figuran no anexo adxunto, a convocatoria dos cales foi feita por Resolución do 13 de setembro de 1995 e publicada no DOG nº 179, do 18 de setembro de 1995.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario Xeral e do Patrimonio

9507794