Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.051

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (248/1995).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado e co número 248/1995 se tramitan autos de xuízo executivo, seguidos por instancia de Banco Central Hispano Americano, fronte a Salvador Soutullo Carolo, sobre reclamación de 612.787 pesetas, nos que se acordou citar de remate o citado demandado, para que, se lle convén, compareza nos autos e se opoña á execución contra el despachada, dentro do prazo de nove días hábiles, contados desde o seguinte a esta publicación, apercibíndoo de que, se non o fai, será declarado en situación legal de rebeldía procesual, e continuará o xuízo na súa ausencia, sen facerlle outras notificacións nin citacións cás determinadas pola lei. Faise constar expresamente que, por descoñecerse o paradoiro do demandado, se practicou embargo sobre bens da súa propiedade, sen requirimento previo de pagamento.

Para que sirva de citación de remate ó demandado Salvador Soutullo Carolo, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela, o 29 de setembro de 1995.

A secretaria

Rubricado

7683