Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.050

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (193/1995).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria del Juzgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 193/1995, sobre reclamación de cantidade, nos que é demandante Banco Central Hispanoamericano e demandado Javier Jiménez Agra, sendo a contía do asunto a de 90.070 pesetas de principal, máis 100.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítase de remate o demandado Javier Jiménez Agra para que, no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poida oporse á execución, e compareza en autos por medio de procurador, apercibido de que, de non efectualo, será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen volver a citalo nin facerlle outras notificacións que determine a lei; e notifícolle o embargo dos seguintes bens:

-Dereito de traspaso ou de calquera outro tipo que poida ostentar sobre o piso situado na rúa García Prieto, nº 64-2º, Santiago de Compostela.

-As percepcións que reciba do Inem.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Javier Jiménez Agra, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

O secretario

Rubricado

7077