Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.050

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (418/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se seguen actuacións de xuízo de faltas co número 418/1993, por lesións

en agresión, nos que con data 27-2-1995 se dictou pola Audiencia Provincial da Coruña sentencia en grao de apelación, co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

O presidente José Manuel Mariño Cotelo, como tribunal unipersonal da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou no nome de El-Rei a seguinte sentencia:

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 4 de Santiago de Compostela, en xuízo de faltas nº 418/1993, seguido por lesións en agresión, figurando como apelante/s Francisco Javier Saa Rojo e Jesús Saa Rojo; e como apelados Ramón Frades García e polo Ministerio Fiscal.

Decido: desestimando os recursos interpostos contra a sentencia de instancia, confirmo a dita resolución declarando de oficio as custas desta alzada.

E líbrese ó xulgado de procedencia certificación da presente, con devolución das dilixencias que remitiu, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación da sentencia recaída en grao de apelación a Ramón Frades García, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9507079