Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.050

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (228/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Adminstración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos que se mencionarán se dictou a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o once de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 228/1995, seguidos por apropiación indebida; no que é denunciante Ramón Otero Fernández, maior de idade; no que aparece como parte denunciada Juan Carlos González García, maior de idade; e no que é parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Juan Carlos González García da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que así conste e para que sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos González, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7071