Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 27 de novembro de 1995 Páx. 8.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación administrativa especial polo procedemento aberto, mediante concurso, do servicio de caixeiro automático no Hospital da Costa (C.P. 6/1995).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f) do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de l994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca expediente de con

tratación administrativa especial polo procedemento aberto, mediante concurso, do servicio de caixeiro automático no Hospital da Costa de Burela.

I. Obxeto e orzamento.

A contratación do servicio de caixeiro automático do Hospital da Costa, sen custo para a Administración.

II. Prazo de execución.

A duración do contrato será dun ano desde a súa sinatura. Antes da finalización poderá prorrogarse mediante acordo expreso das partes.

III. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de claúsulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministración do Hospital da Costa, Tlfno. (982) 58 99 07 e fax (982) 58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

IV. Admisión de variantes.

Admítense variantes.

V. Solvencia económica e financeira.

Deberán acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica.

Deberase acreditar por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracions públicas.

VII. Fianzas.

Deberase consignar unha fianza provisional de 20.000 ptas. (vinte mil). A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VIII. Clasificación.

Non se esixe.

IX. Presentación de proposicions.

As proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición sexa enviada por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

X. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos sinalados no prego de claúsulas administrativas particulares.

XII. Anuncios.

O pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 27 de outubro de l995.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela