Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 27 de novembro de 1995 Páx. 8.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1995 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de nova iluminación do paso subterráneo na praza de Pontevedra.

Exponse ó público durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, o prego de cláusulas administrativas particulares regulador do concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de nova iluminación do paso subterráneo na praza de Pontevedra.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, conforme as seguintes condicións:

Obxecto: nova iluminación do paso subterráneo da praza de Pontevedra (Ref. 095/93).

Orzamento: 8.189.979 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 163.800 pesetas; definitiva, 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., vecino/a de..., con enderezo en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio

de concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de nova iluminación do paso subterráneo na praza de Pontevedra e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición pola que opto á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que xunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso, logo do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a

contratación das obras comprendidas no proxecto de nova iluminación do paso subterráneo na praza de Pontevedra».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª planta do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita, 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 9 de novembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.

Na librería Egea, rúa Sol, 74.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN LUGO:

Na librería Souto, praza de España, 14.

EN OURENSE:EN VIGO:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En librería Colón, rúa Colón, 22.