Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 27 de novembro de 1995 Páx. 8.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios para a realización do programa Inglés na Gran Bretaña.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca o seguinte concurso polo procedemento aberto:

Obxecto: realización do programa Inglés na Gran Bretaña.

Orzamento: 225.000 ptas./praza, co IVE incluído. Establécese un orzamento considerado de gasto de 22.500.000 ptas., en función das prazas que se prevé cubrir.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 900.000 ptas.

Prazo de execución: meses de xullo e agosto de 1996.

Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

Criterios de adxudicación:

1. Medios técnicos adscritos á confección do traballo.

2. Alternativas e traballos complementarios ofrecidos polo licitador.

3. Calidade total do traballo en función da súa finalidade.

4. Experiencia xustificada en traballos análogos.

5. Prezo máis baixo.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados na Dirección Xeral de Xuventude, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 15 horas, sita no complexo administrativo San Caetano, bloque 3-1º piso, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 48 21.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cando as proposicións se manden por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 58 43 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (Santiago de Compostela) ás 11 horas do décimo día natural posterior á data de remate do prazo da presentación das propostas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude