Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 27 de novembro de 1995 Páx. 8.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto mediante concurso público e trámite de urxencia, da execución das obras para a construcción do edificio para sede do xulgado de Ribeira (A Coruña).

Obxecto do contrato: execución das obras para a construcción do edificio para sede do xulgado de Ribeira (A Coruña).

Prazo de execución: 8 meses.

Orzamento: 118.759.286 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L. r/ Rosalía de Castro, 51-baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante aboamento de seu importe.

Fianza provisional: dispensada.

Fianza definitiva: 4.750.371 ptas.

Clasificación que se esixe: grupo C, subgrupo C2, categoría e).

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta no anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas (14) do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Apertura das proposicións: unha vez que sexa cualificada pola mesa de contratación a documentación contida no sobre nº 1, a apertura das proposicións económicas terá lugar, en acto público, o cuarto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, ás doce horas (12), na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sita no complexo

administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais