Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 298/1995, do 16 de novembro, polo que se crea un conservatorio de música na cidade de Lugo.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece, no seu artigo 31, que é de competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e prazos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias.

Con base no exposto anteriormente, resultando conveniente atende-la demanda de ensinanzas musicais na cidade de Lugo a través dun centro de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das competencias atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase un conservatorio profesional de música na cidade de Lugo con capacidade para 520 postos escolares.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adoptará as medidas necesarias para o mellor cumprimento do anteriormente sinalado e determinará os cadros de persoal docente, administrativo e subal

terno necesarios para o máis eficaz desenvolvemento das actividades docentes.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-7547