Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición pública das listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas da prestación de fillos menores do Fondo de Acción Social do ano 1995 para o persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto dous das normas de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 6 de xuño de 1995 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e do Comité Intercentros do Persoal Laboral, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 16 de xuño de 1995 e publicado por Resolución do 22 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 216, do 3-7-95) deben publicarse as listas provisionais das axudas da acción social do ano 1995.

De conformidade con isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas da prestación correspondente á continxencia de fillos menores da acción social do ano 1995, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.

Segundo.-Poderase presentar escrito e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e na base 6-2 do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1995 (DOG nº 126 do 3-7-95) no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificios administrativos de San Caetano), Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

9507675