Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 24 de novembro de 1995 Páx. 8.631

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1995 pola que se fai público o cesamento dos vicevaledores primeiro e segundo do Valedor do Pobo.

Nesta data da miña toma de posesión como Valedor do Pobo, nomeado polo Parlamento de Galicia, e por imperativo do artigo 11 da lei que rexe esta institución prodúcese o cesamento de José Carlos Rodríguez González como vicevaledor primeiro e de Celso Montero Rodríguez, como vicevaledor segundo, cargos que viñan desempeñando ata o día da data.

O que se publica en cumprimento do disposto no artigo 9.2º da referida lei.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1995.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

7684