Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.615

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (217/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en xuízo de faltas nº 217/1995, que se segue por desobediencia e resistencia a axentes da autoridade, cítase a Luis Manuel dos Reis Machado, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza ante este xulgado o próximo día 12 de decembro ás 11 horas co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba dos que tente valerse, e fáiselle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952; e pode ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

A oficial en funcións de secretaria

Rubricado

7095