Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.615

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (87/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas nº 87/1995, a pedimento de Abdelilah Errifai, María Silva Barbazán e Manuel Barcala Riveiro, contra estes e Mohamed Rifai, Ahmed Rifai e Mohamed Errifai, e nas súas actuacións dictouse sentencia con data do vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

Na cidade de Santiago de Compostela, o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas nº 87/1995, sobre insultos e agresión, no que foron parte, como denunciante e á vez denunciados, Abdelilah Errifai, maior de idade e veciño desta cidade, con domicilio en Poza de Bar nº 30-1 e María Silva Barbazán e Manuel Barcala Barreiro, ambos maiores de idade e veciños desta cidade, con domicilio en Poza de Bar, nº 30 baixo; e como denunciados, Mohamed Rifai, Ahmed Rifai e Mohamed Errifai, todos eles maiores de idade e veciños desta cidade, con domicilio en Poza de Bar nº 30-1, dos que as súas circunstancias persoais constan en autos, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decisión.

Absolvo libremente a Abdelilah Errifai, Manuel Riveiro Barcala e María Silva Barbazán da falta da que viñan sendo inculpados neste procedemento e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación a Abdelilah Errifai, Ahmed Rifai e Mohamed Rifai, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o seis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

7355