Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.614

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (39/1995).

O xuíz en funcións do Xulgado de Primeira Instancia número un de Arzúa.

Fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 00039/1995, se segue procedemento executivo outros títulos, a pedimento de Fiat Leasing, S.A., representado polo procurador José Paz Montero, contra Antonio Fernández e Hijos, S.A., domiciliado en Raviña, 16 (O Pino), Blanco M. Montero Coira, domiciliado en Raviña, 16 (O Pino), Consuelo Martínez Lemos, domiciliada en Raviña, 16 (O Pino), Antonio Fernández Rodríguez, domiciliado en Raviña, 16 (O Pino), Guillermo Otero Barreiro, domiciliado en Raviña, 16 (O Pino), Andrés Fernández Martínez, domiciliado en Raviña, 16 (O Pino), Otilia Fernández Martínez, domiciliada en Raviña, 16 (O Pino), Rogelio Fernández Martínez, domiciliado en Raviña, 16 (O Pino) e María Dolores Fernández Martínez, domiciliada en Raviña, 16 (O Pino), en reclamación de cantidade ( de 33.792.410 de principal e 5.000.000 orzados para xuros e custas) e nos seus autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo da súa valoración, os

seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se detallarán:

Os bens que saen a licitación son os seguintes:

1.- Tractor camión Iveco 190, 36 T C-8160-BC

Tipo 3.700.000 ptas.

2.- Camión Pegaso 1437 C-8912-BC

Tipo 3.800.000 ptas.

3.- Tractor camión Pegaso 1240 C-1965-BD

Tipo 4.200.000 ptas.

4.- Semirremolque Leciñena C-02398-R

Tipo 1.200.000 ptas.

5.- Semirremolque Leciñena C-02414-R

Tipo 1.200.000 ptas.

6.- Semirremolque Leciñena C-02425-R

Tipo 1.200.000 ptas.

A poxa celebrarase o vindeiro día vinteoito de decembro, ás doce horas, na sala de audiencia deste

xulgado, sito na rúa Lugo 45, baixo as seguintes condicións:

1º.- O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2º.- Para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente os licitadores, polo menos o vinte por cento do tipo do remate, no establecemento destinado para o efecto ( Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina 1475, número 1510, asento 1510/000, a favor do expediente executivo 39/1995.

3º.- Soamente o executante poderá cederlle o remate a un terceiro.

4º.- Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración e depositalo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe descrito no punto nº 2.

5º.- Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día trinta de xaneiro ás doce horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate, que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vinteoito de febreiro ás 12 horas e rexerán para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e lle sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais da Comunidade Autónoma e do Estado.

Arzúa, 10de outubro de 1995.

O secretario

Rubricado

7038