Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 18 de outubro de 1995, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito definitivo, en aval bancario número 1721/1992, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito definitivo nº 1721, do 6-8-1992, por importe de 1.300.000 ptas., constituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación, garantindo a Calvo e Iglesias, S.L. e a disposición da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, para responder das obrigacións derivadas do cumplimento do contrato das obras de Telefónica S.A. para garanti-la execución das obras correspondentes ó proxecto 232446 Ribadavia Amp. Can. Grova e Prexigueiro, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta delegación territorial, rúa Progreso, 38-entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se presentase, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá surtir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 19 de outubro de 1995.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

95-07658