Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de novembro de 1995 pola que se crea o polígono de viveiros denominado Portonovo «D» do distrito marítimo de Portonovo e se declaran como de reserva exclusiva as cuadrículas que o integran.

Tendo en conta as graves repercusións que a proliferación de dinoflaxelados tóxicos está a causar nos últimos anos sobre a producción da maior parte dos viveiros dos polígonos desta Comunidade Autónoma é polo que por Orde do 22 de marzo de 1994 se declararon de reserva exclusiva determinadas cuadrículas de diversos polígonos de viveiros fluctuantes.

Considerando a evolución dos últimos episodios de mareas vermellas, as peticións do sector en demanda de zonas de reparqueo para autodepuración e vistos os estudios realizados por técnicos da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, dedúcese a conveniencia de crear polígonos de viveiros fluctuantes destinados ó reparqueo de moluscos bivalvos. Os ditos polígonos deberanse situar en zonas que presenten niveis baixos de toxicidade por fenómenos de floración fitoplanctónica, co fin de evitar na medida do posible a incidencia negativa que os episodios de mareas vermellas supoñen para a producción e comercialización de moluscos bivalvos na Comunidad Autónoma galega.

Por todo isto, esta consellería, facendo uso das facultades que lle concede o apartado d) do artigo 6, e o artigo 63, da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.

Declárase de interese para a acuicultura a superficie de 70.400 m ocupados polo polígono de viveiros denominado Portonovo «D» coa situación e circunstancias que se indican no anexo desta orde.

Segundo.

A totalidade das cuadrículas que constitúen o citado polígono Portonovo «D» defínense como de reserva exclusiva polo que o seu destino e condicións de outorgamento serán as sinaladas na Orde do 22 de marzo de 1994 (DOG nº 80).

Disposicións derradeiras.

Primeira.

Facúltase o director xeral de Marisqueo e Acuicultura para dicta-las resolucións que fosen precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.

A presente orde entra en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO

Denominación do polígono: Portonovo «D»

Situación xeográfica: entre Combarro e a illa de Tambo.

Coordenadas, vértices:

Vértice «A»: 42º 25' 18,75''08º 42' 19,40''

Vértice «B»: 42º 25' 20,04''08º 42' 12,64''

Vértice «C»: 42º 25' 04,94''08º 42' 14,39''

Vértice «D»: 42º 25' 06,32''08º 42' 07,63''

Estas coordenadas foron obtidas da carta nº 4162, publicada polo Instituto Hidrográfico da Mariña (Cádiz) referida ó Porto de Marín.

Superficie total ocupada: 70.400 m

Capacidade: 12 cuadrículas

Destino previsto: reparqueo de moluscos

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

9507609