Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.612

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 6 de novembro de 1995 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Manual de Dietas de Hospitalización.

A Lei 1371991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1.-Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.

2.-Este prezo entenderase, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Manual de Dietas de Hospitalización: 1.500 pesetas

7555