No Decreto 462/1990, do 20 de setembro, polo que se regula a hemodoazón-hemoterapia e os bancos de sangue en Galicia, establécense, no seu artigo 2.3 d) e e), como funcións dos centros de transfusión de Galicia o abastecemento de sangue e derivados a tódolos hospitais e centros públicos e privados de Galicia así como o fraccionamento do sangue para a producción de hemoderivados básicos. Así mesmo, sinala que posteriormente, de acordo coas necesidades, potenciarase a obtención de novos derivados para cumprir, como obxectivo final, o propio abastecemento no tratamento das coagulopatías.
Esta mesma finalidade recóllese nos estatutos da Fundación Centro de Transfusión de Galicia, no seu artigo 7.d) e e).
Dentro das funcións de tutela e garantía, de acordo co artigo 21.2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle ó protectorado concederlles autorización ás fundacións para a realización de actividades ou prestación de servicios retribuídos ós seus beneficiarios, sempre que tales actividades ou servicios sexan de interese xeral para a comunidade e as cantidades que a fundación perciba por eles non exceda do custo real do servicio ou actividade prestados.
Neste sentido, o Padroado da Fundación Centro de Transfusión de Galicia, na reunión celebrada o 30 de xuño de 1995, acordou por unanimidade a aprobación dos prezos de medicamentos plasmaderivados.
Por todo o anterior, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, vista a memoria xustificativa presentada pola Fundación Centro de Transfusión de Galicia, en exercicio das atribucións previstas no artigo 21 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño,
ACORDA:
Primeiro.
Autoriza-lo carácter retribuído de subministración de medicamentos plasmaderivados pola Fundación Centro de Transfusión de Galicia de acordo cos importes, que terán o carácter de máximos, que se determinan no anexo.
Segundo.
Dispoñe-la publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1995.
José M. Romay Beccaría
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Relación de prezos dos medicamentos plasmaderivados.
Producto PVL*
Fanhdi 250 U.I 14.011
Fanhdi 500 U.I 27.618
Fanhdi 1000 U.I54.680
Flebogamma I.V., líquida pasteurizada, 0, 5 g2.450
Flebogamma I.V., líquida pasteurizada, 2,5 g11.280
Flebogamma I.V., líquida pasteurizada, 5 g22.200
Flebogamma I.V., líquida pasteurizada, 10 g43.000
Albumina humana al 20%, 10 ml991
Albumina humana al 20%, 50 ml4.252,1
Albumina humana al 20%, 100 ml8.380,9
Antitrombina III, 500 U.I. inxect.20.181
Antitrombina III, 1000 U.I. inxect.40.047
* Este prezo verase incrementado co IVE vixente
7541