Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.577

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (308/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Ins

tancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictado no xuízo de faltas número 308/1995, que se segue por sustracción, cítase o denunciado, José Luis Figueiras García, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día vinteoito de novembro de 1995, ás doce quince horas, compareza na sala de audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, edificio dos Xulgados, rúa Viena número 1, primeira planta, para asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, advertindoo de que deberá facelo acompañado dos medios de proba dos que intente valerse, e facéndolle sabe-lo disposto no artigo 8º do Decreto do 21 de novembro de 1952; poderá asistir acompañado de avogado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula, en Santiago de Compostela o dez de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do Xulgado

9507023