Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.576

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

AUTO (161/1995).

En Ribeira, dez de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Feitos:

Primeiro.-Que o procurador Peleteiro Bandín, en representación de María Luisa Barreiro Fernández, por medio de escrito de data 26 de abril de 1995, solicitou a adopción das seguintes medidas provisionais, nos autos de separación conxugal:

1. En canto á garda e custodia do fillo menor, esta deberá serlle atribuída á nai demandante, en beneficio do menor.

2. Poderá fixarse un réxime de visitas en favor do pai demandado.

3. En canto ó uso da vivenda familiar, deberá adxudicárselle á esposa, que convive co seu fillo, por se-lo interese familiar máis necesitado de protección.

4. En canto á contribución do esposo ás cargas do matrimonio, parece axeitado que se fixe a cantidade de 40.000 pesetas.

5. Procede, así mesmo, polo exposto, que se sinale como pensión compensatoria a favor da esposa e a cargo do esposo (ou ben como cantidade destinada ó sostemento das cargas do matrimonio, con referencia específica á esposa) a suma de 65.700 pesetas (actual importe do SMI).

6. Á vista dos ingresos do matrimonio, e posto que a esposa carece de dispoñibilidade dos ingresos do matrimonio, procede que se fixe a cargo do esposo e en favor da esposa a suma de 300.000 ptas. En concepto de litis expensas segundo desagregación indicada en escrito de solicitude.

Segundo.-Que, admitido a trámite o dito escrito, sinalouse día e hora para a oportuna comparecencia, que se verificou coa asistencia de ámbalas partes, que solicitaron o recibimento do preito a proba, téndose admitidas e practicadas as que figuran en autos, co resultado que consta.

Razoamentos xurídicos:

Único.-Respecto do auto de medidas provisionais de carácter previo, entendo que non existe ningún

inconveniente legal para entrar de novo na regulación xudicial de medidas, tendo en conta que as provisionalísimas, polo seu carácter urxente, poden terse limitado a algúns aspectos persoais e económicos dos previstos no Art. 103 do Código Civil, facéndose preciso, unha vez iniciado o presente preito regular aqueloutros aspectos que estiveron ausentes das primitivas pretensións ou que foron denegados por falta de probas. Neste concreto suposto solicítanse as mesmas medidas que se adoptaron con carácter provisionalísimo e non se aportan medios probatorios que xustifiquen un cambio dos alí adoptados, xa que logo, neste concreto suposto e ante a falta de proba, non podo apreciar elementos que me leven a modifica-las medidas adoptadas no auto de data 19 de abril de 1995.

En atención ó exposto, dispoño:

1. A separación provisional dos esposos.

2. A atribución á esposa da garda e custodia do fillo menor do matrimonio, Juan Carlos Pouso Barreiro; o pai poderá telo na súa compañía tódalas fins de semana alternas desde as 12 horas do sábado ás 20 horas do domingo, así como a metade das vacacións de Nadal, Semana Santa e verán.

3. A atribución á esposa do uso da vivenda familiar, sita no lugar de Brión, 4, de Boiro, así como do mobiliario e enxoval nela existente, logo de inventario.

4. Sinalándose como axuda económica por conta do esposo José Ramón Pouso Santos, a cantidade de 40.000 ptas. mensuais, como contribución das cargas do matrimonio e como alimentos para o fillo menor, cantidade que aboará dentro dos cinco primeiros días de cada mes e que será actualizada anualmente segundo o índice de prezos ó consumo que publica o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúe.

5. Fixándose a cantidade de 35.000 pesetas por conta do esposo a favor de María Luisa Barreiro Fernández, en concepto de litis expensas, denegándose a solicitude de pensión compensatoria solicitada por aquela.

Fágaselles saber ás partes que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, pero que aquela que se considere prexudicada no seu dereito poderá formular oposición ás medidas adoptadas, no prazo de oito días.

Así o manda e asina María Luisa Miranda de Miguel, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santa Uxía de Ribeira.

Dou fe.

Rubricado

7588