Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.577

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (59/1995).

En virtude do acordado polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia con data 1 de setembro de 1995, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 59/1995, a pedimento de Antonio José Varela Gómez e Elvira Rodríguez Brea, representados polo procurador Antonio Cuns Núñez, para facer constar no rexistro da propiedade a reanudación do tracto sucesivo interrompido en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Casa sinalada co número sete da rúa Hospitalillo e sete accesorio da rúa Atalaya, composta de baixo, piso primeiro, piso segundo e bufarda, que ocupa un soar entre dúas medianeiras de cento dezanove metros e trinta e catro decímetros cadrados. Linda: norte ou fronte, rúa do Hospitalillo; sur ou costas, rúa da Atalaya; leste, casa número cinco da rúa do Hospitalillo; e oeste, a número nove da mesma rúa.

Polo presente edicto cítanse cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que, no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, en orde á pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1995.

Rubricado

9507668