Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.571

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995 pola que se convocan unhas xornadas sobre cuestións controvertidas na actuación policial, abertas ós membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado na nosa Comunidade Autónoma, ós membros da unidade do CNP adscrita á Xunta de Galicia e ós membros dos corpos das policías locais de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xor

nadas sobre Cuestións controvertidas na actuación policial, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos debati-las cuestións máis conflictivas que se suscitan na intervención policial con referencia a diversos temas, como:

a) A Lei de protección á seguridade cidadá.

b) A nova regulación do procedemento sancionador por infracción de tráfico.

c) A violencia organizada nas cidades.

d) A utilización de medios coactivos polos membros dos corpos e forzas de seguridade.

Destinatarios.

As xornadas están abertas ós membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado na nosa Comunidade Autónoma, ós membros da Unidade do CNP adscrita á Xunta de Galicia e ós membros dos corpos das policías locais de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas é ilimitado.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, xunto cunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 12 de decembro de 1995.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

As xornadas celebraranse en sesións de mañá e tarde, e nelas trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Análise en profundidade das cuestións máis conflictivas da Lei de protección da seguridade cidadá.

b) Utilización de medios coactivos. Especial referencia á utilización da arma de fogo polos membros dos corpos e forzas de seguridade.

c) O procedemento sancionador por infraccións de tráfico.

d) A violencia urbana.

e)A reforma do Código Penal.

f) A regulación da ORA e a utilización da grúa. Problemática que suscita.

Datas.

As xornadas celebraranse durante os seguintes días:

-Día 20 de decembro, en sesións de mañá e tarde.

-Día 21 de decembro, en sesión de mañá.

O horario será de 9.30 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 15 de decembro de 1995 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

As xornadas celebraranse na sede da Academia Galega de Seguridade, sita na Rúa de Madrid 2-4, no Polígono de Fontiñas en Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a estas e, non poderán supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento normal das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

95-07688