Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 22 de novembro de 1995 Páx. 8.570

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do sector de rematantes e serradores.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de rematantes e serradores, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-10-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Industrias de 1ª Transformación da Madeira, e da parte social,

por UGT, CIG o día 18-9-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de novembro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

ACTA

Asistentes:

-Parte empresarial:

Camilo Álverez Estévez

José Lema Fernández

Carlos Ucha Sánchez

-Parte sindical:

* UGT:

Juan Carlos Tubío Redondo

Ramón Calvo Romero

* CIG:

Ezequiel Cancela Martínez

Na Coruña, ás dezasete horas do día dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e cinco, reúnese a Comisión Paritaria do Convenio Colectivo Provincial de Rematantes e Serradores da madeira, para, a teor do disposto no artigo 8 do convenio vixente, proceder á revisión salarial que corresponderá ó período comprendido entre o 1 de outubro de 1995 e o 30 de setembro de 1996.

Os asistentes proceden a aplica-los incrementos pactados no artigo citado para salarios e antigüidade, 4 por cento e 3,5 por cento, respectivamente, confeccionando as táboas que, como anexos, figuran engadidas á presente acta.

E sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezaoito horas da data arriba indicada, asinando, en sinal de conformidade, a totalidade dos asistentes.

ANEXO I

TÁBOAS SALARIAIS PARA O PERÍODO DO 1-10-1995 Ó 30-9-1996

Grupo

profesional

Nivel

Salarial

Salario

mes

Salario

Ano

Técnico proxectista87.8041.367.609
Perito85.6861.337.957
IATS85.6861.337.957
Xefe administrativo 1ª87.8041.367.909
Encargado85.6861.337.957

IIDelineante83.5621.308.221
Xefe administrativo 2ª85.6861.337.957

Auxiliar analista81.7241.282.489
Ofic. administrativo 1ª83.5621.308.221
Ofic. administrativo 2ª81.7241.282.489
Aux. administrativo79.7461.254.797
IIIOficial de 1ª83.5621.308.221
Oficial 2ª81.7241.282.489
Axudante79.7461.254.797
Peón especializado78.0621.231.221
Peón76.0101.202.493
Ordenanza76.0101.202.493
Garda e vixilante76.0101.202.493

Paga de 1º de maio:

Traballadores en formación e menores de idade: 22.500.

Resto dos traballadores: 25.000.

Plus de asistencia:

Traballadores menores de idade: 109.

Idem en contrato de formación de 18 a 20 anos: 129.

Resto dos traballadores: 189.

Plus de transporte: 295.

ANEXO II

TÁBOAS DE ANTIGÜIDADE PERÍODO DO 1-10-1995 Ó 30-9-1996

Grupo

profesional

NivelPtas./Quin.

xmes

Técnico proxectista2.940
Perito2.873
IATS2.873
Xefe administrativo 1ª2.940
Encargado2.873

IIDelineante2.807
Xefe administrativo 2ª2.873

Auxiliar analista2.739
Ofic. administrativo 1ª2.807
Ofic. administrativo 2ª2.739
Aux. administrativo2.673

IIIOficial de 1ª2.807
Oficial 2ª2.739
Axudante2.673

Grupo

profesional

NivelPtas./Quin.

xmes

Peón especializado2.607
Peón2.542
Ordenanza2.542
Garda e vixilante2.542

ANEXO III

CALENDARIO 1995-1996

95-07465